Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

A Alcaldía-Presidencia, con data do 9 de febreiro de 2000, aprobou as bases específicas para a provisión dunha praza de arquitecto superior, vacante

no cadro de persoal funcionario do concello, que se publican a seguir deste anuncio.

A convocatoria rexerase ademais polas bases xerais para a selección de personal funcionario do Concello de Nigrán, publicadas no BOP do 3 de abril de 1996 e no DOG do 25 de abril de 1996.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Nigrán, 10 de febreiro de 2000.

José M. Rial Cadaval

Alcalde

Bases específicas para o acceso á subescala técnica de administración especial.

I. Número e características das prazas convocadas:

Convócanse probas selectivas para o acceso á escala de administración especial, subescala técnica deste concello, praza de arquitecto (técnico superior do grupo A). O número de prazas convocadas é dunha, que corresponde á vacante no cadro de persoal funcionario, incluída na oferta de emprego público de 1999.

A selección rexerase, ademais de por estas bases específicas, polas bases xerais das convocatorias para cubrir prazas de funcionarios e persoal laboral fixo, aprobadas polo Pleno do Concello en sesión do 26 de xaneiro de 1996.

II. Requisitos dos aspirantes:

Para seren admitidos á realización destas probas selectivas, os aspirantes, deberán, ademais de cumpri-los requisitos establecidos nas bases xerais, estar en posesión do título de arquitecto.

III. Sistema selectivo:

Será o de concurso-oposición libre.

IV. Fase de concurso:

Nesta fase valoraranse os méritos acreditados polos aspirantes, segundo o seguinte baremo:

1. Antigüidade: por cada ano completo traballado ó servicio da Administración:

a) Na Administración local: 0,4 puntos/ano.

b) Noutras administracións públicas: 0,2 puntos/ano.

A puntuación máxima neste epígrafe será de 5 puntos.

2. Méritos relacionados cos postos desempeñados, en función coa súa similitude co que agora se convoca, valoraranse ata un máximo de 2 puntos.

3. Nivel de formación:

3.1. Outros títulos académicos distintos do esixido, ata un máximo de 4 puntos:

Doutor: 2,5 puntos.

Licenciado: 2 puntos.

Diplomado: 1,5 puntos.

3.2. Cursos: 0,01 puntos por hora de curso relacionado cos cometidos propios desta subescala de administración especial, ata un máximo de 4 puntos.

3.3. Coñecemento da lingua galega: curso de iniciación, 0,50 puntos; curso de perfeccionamento, 1,00 puntos (neste caso non se puntuará o de iniciación).

V. Fase de oposición:

Consistirá na realización dos seguintes exercicios:

Primeiro.-Contestar por escrito, no tempo máximo dunha hora e media, dous temas sacados ó chou, correspondentes ó programa que figura no anexo, a razón dun tema de entre os 45 primeiros e outro de entre os 45 últimos.

Segundo.-Realización, no tempo máximo de dúas horas, dun ou varios casos prácticos propostos polo tribunal, relacionados coos materias do programa. Poderanse usar textos legais, non comentados.

Cualificación dos exercicios da oposición:

Os exercicios da oposición serán obrigatorios e eliminatorios. Cada un deles será valorado de 0 a 20 puntos e para superalos será preciso acadar un mínimo de 10 puntos en cada un.

ANEXO

Parte xeral.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e contido.

Tema 3. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Eficacia.

Tema 4. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 5. Organización municipal.

Tema 6. Competencias municipais.

Tema 7. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades.

Tema 8. Faltas e sancións dos funcionarios. O procedemento.

Tema 9. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 10. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Actas e certificados de acordos.

Tema 11. Intervención administrativa local na actividade privada. Procedemento de concesión de licencias.

Tema 12. O patrimonio das entidades locais. Clases de bens. Alleamento de bens.

Tema 13. A Unión Europea. Sistema institucional.

Tema 14. A xurisdicción contencioso-administrativa.

Tema 15. Os contratos das administracións públicas.

Tema 16. O dominio público.

Tema 17. A expropiación forzosa.

Tema 18. A Facenda local. Ordenanzas fiscais.

Parte específica.

Tema 19. A Lei do solo de Galicia. Contido. Aspectos xerais.

Tema 20. O planeamento urbanístico. Concepto. Clases de instrumentos de ordenación.

Tema 21. Plan xeral municipal de ordenación. Concepto, función e obxecto. Contido material e documental.

Tema 22. Plans parciais. Obxecto e determinacións. Documentación.

Tema 23. Os plans especiais. Concepto, función, finalidade, contido documental. Elaboración e tramitación.

Tema 24. Estudios de detalle. Concepto e finalidade. Limitacións. Contido documental e tramitación.

Tema 25. Proxectos de urbanización. Concepto, fins, natureza, contido substantivo e documental.

Tema 26. Elaboración e aprobación dos instrumentos de ordenación. Actos preparatorios. Iniciativa particular. Competencia.

Tema 27. A aprobación dos instrumentos de planeamento. Elaboración. Tramitación. Prazos.

Tema 28. Aplicación temporal dos plans municipais. Vixencia, revisión e modificación dos plans.

Tema 29. Efectos da aprobación dos plans.

Tema 30. Normas de aplicación directa.

Tema 31. Clasificación dos distintos tipos de solo no planeamento xeral.

Tema 32. Réxime das distintas clases e categorías de solo: o solo urbano e urbanizable.

Tema 33. Ídem: o solo de núcleo rural e o rústico.

Tema 34. Prazos para o cumprimento dos deberes urbanísticos.

Tema 35. Distribución de cargos e beneficios. As áreas de reparto.

Tema 36. O aproveitamento tipo.

Tema 37. Instrumentos para a distribución de cargos e beneficios: clases.

Tema 38. As reparcelacións.

Tema 39. Transferencias de aproveitamento urbanístico.

Tema 40. Execución dos plans de ordenación. Orzamentos. Os polígonos.

Tema 41. Sistemas de actuación.

Tema 42. Compensación.

Tema 43. Cooperación.

Tema 44. Expropiación.

Tema 45. Deber de conservación e ruína.

Tema 46. Parcelacións.

Tema 47. A protección da legalidade urbanística.

Tema 48. As infraccións urbanísticas.

Tema 49. As sancións administrativas.

Tema 50. Normas subsidiarias de Nigrán: o sistema de núcleos. Identificación e definición dos núcleos de poboación. Tratamento urbanístico.

Tema 51. Normas subsidiarias de Nigrán: normas xerais de uso. Condicións de uso. Disposicións de aplicación xeral. Tipos de uso.

Tema 52. Normas subsidiarias de Nigrán: regulación dos usos de vivenda e hoteleiro.

Tema 53. Normas subsidiarias de Nigrán: regulación dos usos comercial e de oficinas.

Tema 54. Normas subsidiarias de Nigrán: regulación do uso de garaxe, aparcamento e servicio do automóbil.

Tema 55. Normas subsidiarias de Nigrán: normas xerais da edificación. Conceptos de aliñación, liña de edificación, altura de edificios, superficie ocupada e edificable.

Tema 56. Normas subsidiarias de Nigrán: medición de alturas nas edificacións. Concepto de planta soto, semisoto e planta baixa.

Tema 57. Normas subsidiarias de Nigrán: ordenación do sistema viario de Nigrán.

Tema 58. Normas subsidiarias de Nigrán: ordenanzas de regulación das zonas de solo urbano.

Tema 59. Normas subsidiarias de Nigrán: ordenanzas de regulación do solo non urbanizable.

Tema 60. Normas subsidiarias de Nigrán: patrimonio cultural. Edificios de protección integral e non integral.

Tema 61. Normas subsidiarias de Nigrán: normas reguladoras das situacións fóra de ordenación.

Tema 62. Lexislación de estradas. Limitación da propiedade nas estradas non estatais de Galicia. Clasificación de estradas. División destas.

Tema 63. Normativa con incidencia na edificación, relativa á seguridade, accesibilidade e salubridade.

Tema 64. Os aspectos urbanísticos da lexislación de costas, do patrimonio histórico e de augas.

Tema 65. A regulamentación de espectáculos públicos e das actividades molestas.

Tema 66. A lexislación sobre medio ambiente e sobre a protección contra a contaminación acústica.

Tema 67. Teoría do valor. O prezo. Relación entre valor e prezo. Criterios de valoración de inmobles. Métodos de valoración segundo a súa finalidade. Evolución histórica do dereito de propiedade e a súa influencia sobre o valor dos inmobles.

Tema 68. Sistemas de valoración. Valor en venda. Valoración por mercado. Valor por comparación. Valor de reposición. A depreciación: as súas clases. Estudios do mercado inmobiliario: aplicacións.

Tema 69. Rendibilidade dos inmobles urbanos. Rendemento e gastos. Valoración por rendementos. Capitalización. Influencia da lexislación sobre arrendamentos urbanos e outras limitacións administrativas da rendibilidade.

Tema 70. Valoración do solo. Aproveitamento idóneo. A parcela tipo e os coeficientes correctores. Método residual de valoración do solo. Valor de repercusión e valor unitario. Correccións do valor.

Tema 71. Valor das construccións. Valoración analítica e valoración sintética. Procedementos de medición. Valor unitario. Valor intrínseco ou de custo e valor de reposición. Depreciación.

Tema 72. Valoracións administrativas. O sistema de valoración catastral. Os criterios de valoración da Lei sobre réxime do solo e valoracións. Valoración para efectos do imposto sobre o incremento de valor dos terreos urbanos.

Tema 73. O catastro. Concepto. Orixes e diversos modelos existentes. Evolución histórica do catastro en España.

Tema 74. Situación actual da institución catastral. Obxectivos e fins. O proceso de coordinación do catastro con outros sistemas rexistrais de carácter público. Especial referencia o Rexistro da Propiedade.

Tema 75. O catastro inmobiliario urbano. Lexislación básica. O valor catastral dos bens urbanos. Normas técnicas.

Tema 76. Ordenación da cartografía oficial. Sistemas cartográficos. Técnicas actuais. Cartografía catastral. Cartografía informatizada.

Tema 77. Base de datos catastral. Informatización de catastros rústico e urbano. O sistema de información catastral. Coordinación con outras administracións.

Tema 78. O sistema de información xeográfica. Concepto e clases. O sistema de información xeográfica e catastal: características e usos.

Tema 79. Conceptos fundamentais da estatística. A estatística descritiva. Representacións gráficas.

Tema 80. Estatística: medidas de posición e medidas de dispersión. Números índices.

Tema 81. Estatística: axuste polo método dos mínimos cadrados. Represión e correlación. Regresión simple e regresión múltiple. Aplicacións no campo da valoración.

Tema 82. Estatística: concepto de mostraxe. Tipos de mostraxe de poboacións finitas e infinitas.

Tema 83. Estatística: inferencia estatística. Métodos de inferencia. Concepto e propiedades dos estimadores. Métodos de estimación.

Tema 84. As organizacións: definición e tipos. Teoría da organización. A organización científica do traballo. A escola dos principios de administración.

Tema 85. O factor humano na organización. O humano nas organizacións prestadoras de servicios.

Tema 86. O grupo na organización. Características e tipos de grupos.

Tema 87. A comunicación interna nas organizacións: tipos, fluxos, barreiras e redes na comunicación.

Tema 88. O clima laboral. A motivación.

Tema 89. A formación da ciencia administrativa: orixes e evolución. Os problemas da investigación administrativa.

Tema 90. Métodos e técnicas de análise das organizacións públicas.