Aprobación definitiva do estudio de detalle promovido por Anastasia Pisonero Ramos, correspondente á zona comprendida entre a rúa Xeneral Mola, rúa do Camposanto e rúa da fábrica, Ordes.
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do día 11 de maio de 2000, adoptou o acordo que literalmente di:
3º.-V.-Bens.-1. Estudio de detalle da zona entre Xeneral Mola, Camposanto e rúa da fábrica.-Aprobado inicialmente o estudio de detalle correspondente á zona comprendida entre a rúa Xeneral Mola, rúa do Camposanto e rúa da fábrica, promovido por Anastasia Pisonero Ramos, exposto a información pública polo plazo de quince días durante os que non se presentaron reclamacións como consta no expediente, emitidos os informes técnicos e xurídicos.
A corporación por maioría dos seus membros, acordou:
1. Aprobar definitivamente o estudio de detalle correspondente á zona comprendida entre a rúa
Xeneral Mola, rúa do Camposanto e rúa da fábrica, redactado polo arquitecto Manuel Echeverría Ulargui.
2. Que se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia e que se lles notifique ós interesados sinalando os recursos procedentes.
Isto faise público par xeral coñecemento en virtude do establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e comunícase que a documentación do dito instrumento de planeamento se encontra á disposición das persoas interesadas na Casa do Concello de Ordes. As normas e ordenanzas polas que se rexe son as normas subsidiarias de planeamento de Ordes, publicadas no BOP número 293, do 21 de decembro de 1996.
Contra o acto que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da data de publicación deste anuncio.
Ordes, 23 de maio de 2000
O alcalde
Rubricado

