1. Entidade adxudicadora: Concello de Santiso (A Coruña).
a) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
b) Obxecto do contrato: execución da obra de rehabilitación de casa rectoral de Novela, incluída no Plan 2000 de Recuperación de Arquitectura Popular.
2. Tipo de licitación: o tipo de licitación é de 9.983.431 pesetas, IVE incluído.
3. Prazo de execución: nove meses.
4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.
5. Garantía provisional: 199.669 pesetas.
6. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
7. Clasificación do contratista: non se esixe.
8. Presentación de proposicións: data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte á publicación do último anuncio de licitación, ben sexa no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 14 horas e en dous sobres pechados e coa documentación, requisitos, e modelo de proposicións esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares da Deputación Provincial da Coruña, publicados no BOP número 77, do 3 de abril de 2000.
9. Apertura de plicas: a apertura de plicas será ás trece horas do quinto día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación das proposicións. Se coincide en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
10. Gastos de anuncios: os gastos correspondentes ós anuncos da licitación serán por conta do adxudicatario.
Santiso, 24 de maio de 2000.
O alcalde-presidente
Rubricado

