Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTISO

ANUNCIO de poxa.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Santiso (A Coruña).

a) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

b) Obxecto do contrato: execución da obra travesía Balada-Visantoña, 2ª fase, incluída no POS de competencia municipal e de rede viaria local 2000.

2. Tipo de licitación: o tipo de licitación é de 26.685.285 pesetas, IVE incluído.

3. Prazo de execución: seis meses.

4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

5. Garantía provisional: 533.706 pesetas.

6. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

7. Clasificación do contratista: deberán acreditar clasificación G, 6, c).

8. Presentación de proposicións: data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte á publicación do último anuncio de licitación, ben sexa no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 14 horas e en dous sobres pechados e coa documentación, requisitos, e modelo de proposicións esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares da Deputación Provincial da Coruña, publicados no BOP número 77, do 3 de abril de 2000.

9. Apertura de plicas: a apertura de plicas será ás trece horas do quinto día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación das proposicións. Se coincide en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: os gastos correspondentes ós anuncos da licitación serán por conta do adxudicatario.

Santiso, 24 de maio de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado