Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto, da seguinte obra:

Obxecto: acceso ós núcleos da Aduana de Corón, Boutrín e outros.

Orzamento: 11.810.473 pesetas.

Fianzas: provisional: 236.209 pesetas; definitiva: 472.419 pesetas.

Prazo de execución: 6 meses.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do último dos anuncios que se publiquen no BOP ou no DOG.

Prego de condicións: poderá recollerse no Negociado de Contratación do concello, das 9 ás 13 horas.

Vilanova de Arousa, 9 de maio de 2000.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde