Advertido erro no texto da devandita resolución, remitido para a súa publicación, no Diario Oficial de Galicia nº 103, do luns 29 de maio de 2000, cómpre face-la seguinte corrección:
Na páxina 8.336, punto e), parágrafo segundo, onde di: «O prazo de admisión das proposicións terminará ás 12 horas do oitavo día, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «O prazo de admisión das proposicións terminará ás 12 horas do venres 9 de xuño de 2000».

