Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2000 pola que se anuncia a apertura dunha convocatoria para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas futuras instalacións para a náutica recreativa do porto de Ares.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996

(DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas para a ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas futuras instalacións para a náutica recreativa no porto de Ares, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona centro deste ente público, sita na Avda. Alférez Provisional, 1-1º, 15006 A Coruña.

O prazo de presentación de solicitudes é de tres meses e iniciarase o día seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral de Portos de Galicia, na sede central deste ente público, no enderezo antes mencionado.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito na citada sede central de Portos de Galicia as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia