Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de maio de 2000 pola que se lle notifica a María Carmen Avendaño Cusi a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato da súa vivenda, expediente PO 83540, conta 2.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio da interesada sen que se puidiese practicar, notifícaselle a María del Carmen Avendaño Cusi a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 13 de abril de 2000, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicataria, recaída en procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a citada resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula,

conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo. Resolución:

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra María Carmen Avendaño Cusi, beneficiaria da vivenda obxecto desta presente resolución, situada na rúa Anduriña, nº 5, 7º A de Vigo, correspondente ó:

Expediente: PO-83/540, conta 2, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes feitos:

1. Que a entidade colaboradora, na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia, emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 1.359.783 ptas., con data do 27 de setembro de 1999, correspondentes ás mensualidades que van desde xullo/1988 ata setembro/1999.

2. Que requirida por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades debidas a esa data, o dito requirimento non foi atendido.

3. O 11 de abril de 2000, a débeda ascende a 1.435.537 ptas., por non-pagamento dos recibos seguintes: desde xullo/1988 ata abril/2000.

Fundamentos de dereito:

É competente para a resolución deste expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, de estructura orgánica deste organismo, modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral, resolvo:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que se levará a cabo polo funcionario do IGVS que se designe e polo representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ó expediente, e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle á interesada que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de atoparse ó día coa comunidade de propietarios.

2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan. En Santiago de Compostela o 13 de abril de 2000. José Antonio Redondo López, director xeral do IGVS».

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo