De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado, sen que se poidese practicar, notifícaselle a Fabio Matilla Gómez a resolución do director xeral do IGVS do 13 de abril de 2000, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicatario, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.
Contra a citada resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación, con
forme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992 modificada por Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:
«Expediente de desafiuzamento administrativo.
Resolución.
Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Fabio Matilla Gómez, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Anduriña, nº 5-9º F de Vigo, correspondente ó:
Expediente: PO-83/540, conta 55, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.
Tendo en conta os seguintes feitos:
1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 1.354.271 ptas., con data do 27 de setembro de 1999, correspondentes ás mensualidades que van desde xullo/1988 ata maio/1998; setembro/1998 ata outubro/1998 e xaneiro/1999 ata setembro/1999.
2. Que requirido por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades debidas a esa data, o dito requirimento non foi atendido.
3. O 11 de abril de 2000, a débeda ascende a 1.365.496 ptas., por non pagamento dos recibos seguintes: xullo/1988 ata decembro/1997; xaneiro/1998 ata maio/1998; setembro/1998 ata outubro/1998; febreiro/1999 ata outubro/1999 e abril/2000.
Fundamentos de dereito.
É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, de estructura orgánica deste organismo, modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro.
2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.
3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, artigo 91.2º da
Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vistos: os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,
RESOLVO:
1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que se levará a cabo polo funcionario do IGVS que se designe e polo representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.
Advírteselle ó interesado que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de atoparse ó día coa comunidade de propietarios.
2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.
Notifíqueselle-la presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.
En Santiago de Compostela, 13 de abril de 2000. José Antonio Redondo López. Director xeral do IGVS».
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda
e Solo

