Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 5 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-635/1999 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución

do expediente 15-0635/1999 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes contado a partir do día da notificación desta resolución, tamén poderá interpoñer calquera outro que estime pertinente ó seu dereito.

Se non fose recorida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relación con organismos (0388) Santiago de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior.

Expediente: 15-635/1999.

Inculpado: Grupo Goncasse, S.L.

Enderezo: Alcalde Lens nº 20, A Coruña.

Sanción e motivos: (100.000 pesetas) deficiente prestación dun servicio.

Data da resolución: 15-3-2000.

A Coruña, 5 de maio de 2000

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña