Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 8/2000.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7, letra j), da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza; As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

2. Modalidade de adxudicación elixida:

Procedemento aberto, concurso.

3. Obxecto do contrato, número CPA:

Concurso público: 8/2000.

Gasas e compresas.

Lote 1: compresa 50 x 50 con contraste.

Lote 2: compresa 50 x 50 sen contraste.

Lote 3: gasa 20 x 20.

Lote 4: gasa 20 x 40 con contraste.

Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica que se xunta á documentación facilitada.

4. Data de adxudicación do contrato: 28-4-2000.

5. Criterios de adxudicación do contrato:

As establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares da subministración.

6. Ofertas recibidas: oito.

7. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

Lote 1: Lab. Indas, S.A.; Camino de las Huertas, 2, Pozuelo de Alarcón, 28223 Madrid (España).

Lote 2: Lab. Indas, S.A.; Camino de las Huertas, 2, Pozuelo de Alarcón, 28223 Madrid (España).

Lote 3: Torval, S.A.; Estr. Manresa-Vic, 141, km 8,4, Navarcles, 08270 Barcelona (España).

Lote 4: Texpol, S.A.; Pasaje del Forn, 5, Manresa, 08240 Barcelona (España).

8. Prezo pagado:

Lote 1: 34.068.000 ptas. (204.752,80 euros).

Lote 2: 35.448.000 ptas. (213.046,77 euros).

Lote 3: 39.835.200 ptas. (239.414,37 euros).

Lote 4: 5.779.200 ptas. (34.733,69 euros).

9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:

10. Outras informacións:

11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial das Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia:

DOCE: 20-1-2000.

BOE: 15-1-2000.

DOG: 17-1-2000.

12. Data de envío deste anuncio: 12 de maio de 2000.

13. Data de recepción deste anuncio:

A Coruña, 3 de maio de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña