A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7, letra j), da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio), e autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:
1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.
Número de expediente: 13/2000.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: contrato de subministracións.
Descrición do obxecto: subministración de cánulas e outros.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: anticipada.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Orzamento total: 29.539.860 ptas. (177.538,13 euros).
5. Adxudicación.
Data: 28 de abril de 2000.
Contratistas:
Lote 1: Mallinckrodt Medical, S.A., 3.112.200 ptas. (18.704,70 euros).
Lote 2: Técnicas Médicas Mab, S.A., 5.227.200 ptas. (31.416,10 euros).
Lote 3: Baxter, S.A. , 5.359.200 ptas. (32.209,44 euros).
Lote 4: Baxter, S.A. , 5.374.800 ptas. (32.303,20 euros).
Lote 5: Baxter, S.A., 5.664.000 ptas. (34.041,33 euros).
Lote 6: Clínica y Control, S.A., 3.697.920 ptas. (22.224,95 euros).
Orzamento total: 28.435.320 ptas. (170.899,72 euros).
A Coruña, 4 de maio de 2000.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan
Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

