Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 16 de maio de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle

das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, que contén a proposta para a modificación da aliñación de fachada e apertura de ocos en medianil na rúa Alcalde Manuel Platas Varela-Arteixo, promovido pola sociedade Proherpo, S.L., representada por Antonio Pose Novo segundo o proxecto redactado polo arquitecto Ricardo Sáez Díaz, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio; durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que coiden convenientes (expediente 4/00.PED).

Do mesmo xeito, e en virtude do artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial comprendido no trazado de aliñacións a que afecta o estudio de detalle ata a súa aprobación definitiva.

Arteixo, 26 de maio de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde