De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP e acordo da Comisión de Goberno do 28 de abril de 2000, anúnciase concurso, por procedemento aberto, para adxudica-la xestión indirecta do servicio público da piscina cuberta climatizada.
1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato adxudicar, mediante concesión, a xestión indirecta do servicio público da piscina cuberta climatizada.
2. Duración do contrato: catro anos, contados desde a data de adxudicación, e poderá prorrogarse ata un máximo de seis anos.
3. Canon que satisfará a corporación ó concesionario: o canon que o concello satisfará anualmente ó concesionario será de 7.500.000 pesetas anuais, en doce meses por mensualidades vencidas.
4. Publicidade do prego de cláusulas administrativas particulares: estará de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais.
5. Garantía provisional: un millón de pesetas.
6. Garantía definitiva: dous millóns.
7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación do anuncio, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.
8. Presentación de proposicións: durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP.
9. Apertura de proposicións: terá lugar o terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, agás que o sinalado sexa sábado; neste caso diferirase ó primeiro día hábil seguinte.
10. Modelo de proposición: é o recollido na cláusula 27 do prego de condicións.
A Laracha, 3 de maio de 2000.
José Manuel López Varela
Alcalde

