De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP e o acordo da Comisión de Goberno do 28 de abril de 2000, anúnciase o concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la redacción do Plan Xeral de Ordenación do Concello da Laracha.
1. Obxecto: é obxecto do contrato a redacción do Plan Xeral de Ordenación do Concello da Laracha. Non se aceptan variantes.
2. Duración do contrato: dezaoito meses.
3. Tipo de licitación: vinteún millóns setecentas catro mil setecentas sesenta pesetas, IVE incluído.
4. O pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo da seguinte maneira:
Orzamento ano 2000 (40%): 8.681.904 ptas.
Orzamento ano 2001 (60%): 13.022.856 ptas.
5. Publicidade do prego: estará de manifesto nas oficinas municipais tódolos días hábiles -Xefatura de Negociado-.
6. Garantía provisional: non se esixe.
7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio; ó da licitación suspenderase en caso de impugnación.
8. Garantía definitiva: o 4% do importe da adxudicación.
9. Presentación de proposicións: durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación da derradeira publicación no BOP ou DOG.
10. Apertura de proposicións: terá lugar ás trece horas do sétimo día hábil seguinte ó da conclusión do prazo de presentación de proposicións.
11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula nº 23 do prego de cláusulas.
A Laracha, 3 de maio de 2000.
José Manuel López Varela
Alcalde

