Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (453/2000).

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas, anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para a adxudicación, polo Concello de Marín, da subministración de maquinaria para o servicio de limpeza, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto: a adxudicación da subministración de maquinaria para o servicio de limpeza.

2. Prezo do contrato: 38.000.000 de ptas. (IVE incluído).

3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

4. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, das 9 ás 14 horas, agás o sábado, que será das 9 as 13 horas, durante o prazo de quince días naturais (15), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

(Terase en conta para estes efectos a derradeira publicación en calquera desde dous diarios oficiais).

5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e as demais condicións deste concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares e de prescricións técnicas, que se atopan á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B que, conterá a proposición económica, abrirase na Sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 11 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado, terá lugar o día seguinte hábil á mesma hora.

Marín, 8 de maio de 2000.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde