Convócase o concurso para a adxudicación da obra de pavimentación e acceso parque Os Pasales á rúa Ponte Dena conforme o proxecto técnico e as cláu
sulas administrativas particulares que se consideran parte integrante do contrato.
Obxecto do contrato.-A adxudicación da obra de pavimentación e acceso parque Os Pasales a rúa Ponte Dena. Financiamento da obra.-Con cargo á partida orzamentaria 511.601 do estado de gastos do orzamento 2000. Prazo de execución.-Fíxase en catro meses desde a data de formalización do contrato. Tipo de licitación.-9.958.980 pesetas IVE incluído. Garantías.-Provisional: non se esixe. Definitiva: será do 4% do importe de adxudicación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 37 da LCAP. Entidade adxudicadora.-Concello de Meaño. Tramitación.-Ordinaria. Procedemento.-Aberto. Forma.-Concurso. Capacidade para contratar.-Persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría ou a solvencia económica, financeira e técnica nos termos dos artigos 16 e 17 da LCAP e que non estean afectadas por ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 como prohibitivas para
contratar. Obtención de documentación e información.-Concello de Meaño, As Covas nº 20 Meaño, C.P. 36968. Teléfono: 986 74 71 02. Presentación de proposicións.-Lugar e prazo: rexistro xeral do concello, das 9 ás 13.30 horas, no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Documentación.-A esixida na cláusula 9 e segundo as formalidades dela. Apertura de proposicións.- A mesa de contratación reunirase en acto público ás 13 horas do día hábil seguinte ó da data de remate de presentación de proposicións. Criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso.-Os que figuran na cláusula 11 do prego. Adxudicación.-O órgano de contratación adxudicará o contrato no prazo máximo de catro meses, contados desde a apertura das proposicións. Gastos de publicación.-Serán por conta do adxudicatario.
Meaño, 4 de maio de 2000.
Jorge Domínguez Rosal
Alcalde

