Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

APROBACIÓN definitiva do Plan parcial SAU-5.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de decembro de 1999, aprobou definitivamente o Plan parcial SAU-5, formulado mediante iniciativa particular e redactada polo estudio de arquitectura e urbanismo Atrio. O documento que contén a normativa e as ordenanzas do devandito plan será publicado no BOP, de acordo co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se fai público para os efectos oportunos, significando que contra este acordo, que é definitivo e esgota a vía administrativa, se poderá interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio no BOP ou no DOG. Nembargantes, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o mesmo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes, contado igualmente desde a publicación do citado anuncio. Neste caso non se poderá interpo-lo recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición. Todo isto sen prexuízo de que se poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Melide, 12 de abril de 2000.

Miguel Ramón Pampín Rúa

Alcalde