A alcaldía do Concello de Pontevedra, por Resolución do 14 de abril de 2000, nomeou a María Encarnación Rivas Díaz, con DNI número 34.253.650-A, para ocupar unha praza de arquitecta, integrada no grupo A da clase técnicos superiores da subescala técnica da escala de Administración especial, segundo proposta do tribunal cualificador, ó que se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.
Pontevedra, 14 de abril de 2000.
Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

