Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é obxecto deste contrato a realización das obras incluídas no proxecto de reurbanización da praza Rodrigo de Padrón e contornos.

Tipo de licitación: 127.527.893 ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 10 meses contados desde a sinatura da acta de replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova. R/ Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93. Santiago de Compostela.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 14 do prego de condicións.

Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 6 e categoría d.

Garantías: provisional: 2% do orzamento de licitación. Definitiva: 4% do importe do orzamento.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D... veciño... número... e DNI número... en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en representación de...) na licitación do contrato de:..., e fai constar:

a) Ofrezo o prezo de... (en letras e números)...ptas. o que supón unha baixa de... (en letras e números)... ptas. con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñezo e acepto tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Xunto toda a documentación esixida no prego de condicións.

Santiago de Compostela..., ... de...de 2000.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde