Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.787

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 141/2000, do 7 de xuño, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Manuel Cordo Boullosa (a título póstumo).

En atención ós méritos que concorren en Manuel Cordo Boullosa, e ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do goberno galego outorgarlle, a título póstumo, a súa máis alta distinción.

Polo tanto, e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de xuño de dous mil, concederlle-la Medalla de Ouro de Galicia a Manuel Cordo Boullosa (a título póstumo).

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Alberto Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública