Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.787

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de maio de 2000 pola que se extingue a autorización, por cesamento de actividades, do centro privado de educación infantil Sabeliña, de Ribeira (A Coruña).

Visto o expediente sobre extinción de autorización, por cesamento de actividades, do centro privado de

educación infantil Sabeliña, sito na rúa Listres, 22, de Aguiño-Ribeira (A Coruña); iniciado ó abeiro do artigo 17.1º do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e do punto oitavo.1 da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) pola que se desenvolve o antedito decreto.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do establecido no artigo 16 do Decreto 133/1995, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Extingui-la autorización, por cesamento de actividades, do centro privado de educación infantil Sabeliña, de Aguiño-Ribeira (A Coruña), do que os datos se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ribeira.

Localidade: Aguiño.

Código do centro: 15027009.

Denominación específica: Sabeliña.

Titular: María de la Concepción Bravo Pérez.