Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 12 de xuño de 2000 Páx. 9.006

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de proxectos arquitectónicos, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, a Juan José Casabella López.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de xullo de 1999 (BOE do 25 de agosto), para a provisión da praza número 99/035 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de proxectos arquitectónicos, departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo desta universidade, a favor de Juan José Casabella López, e unha vez acreditados

polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan José Casabella López profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de proxectos arquitectónicos, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo desta universidade.

A Coruña, 16 de maio de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña