Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 12 de xuño de 2000 Páx. 9.007

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, a Manuel Rodríguez Núñez.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de xullo de 1999 (BOE do 25 de agosto), para a provisión da praza número 99/033 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade, a favor de Manuel Rodríguez Núñez, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Rodríguez Núñez profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade.

A Coruña, 16 de maio de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña