Eu, María Gabriel e Galán Moris, secretaria xudicial do Xulgado de Instrucción número catro de Vigo, dou fe e testemuño:
Que no xuízo de faltas número 87/2000 se acordou citar a:
Eduardo Cifuentes Rivas, co fin de que o próximo catro de xullo ás 10.20 horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por agresión, en calidade de denunciante, facéndolle saber que deberá comparecer con tódolos medios de proba de que intente valerse no acto do xuízo (testemuñas, documentos, peritos) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.
E para que conste e sirva de citación a Rubén Darío Bastos Martínez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no DOG, expido o presente edicto en Vigo, quince de maio de dous mil.
A secretaria xudicial
Rubricado

