Nos autos de referencia, dictouse a resolución que, copiada literalmente, é como segue:
«Proposta de providencia da secretaria xudicial
María Begoña Arroyo Martín.
En Santiago de Compostela, quince de maio de dous mil.
O precedente escrito únase ós autos da súa razón. Como se pide, procédase á execución da sentencia dictada polos trámites da vía de constrinximento. Efectúese, sen previo requirimento de pagamento, o embargo de bens da demandada María del Carmen Ferreirós Rodríguez en cantidade suficiente para cubri-la suma de 294.060 ptas. de principal mais outras 200.000 ptas. calculadas para xuros, custas e gastos e, en concreto, sobre as cantidades que a dita demandada ten pendentes de percibir por parte de Valentín Otero Ruibal a resultas do documento unido ós presentes autos datado en Vigo o día 25 de xaneiro de 1999.
Así mesmo, únase o precedente escrito que presenta o procurador García Piccoli, así como xustificantes de gastos e suplidos e minuta de honorarios do seu letrado e será practicada pola secretaria taxación de custas da que se dará vista ás partes por termo de tres días para que poidan impugnala, comezando o aboamento pola condenada.
Dado que a demandada se atopa en paradoiro descoñecido, notifíquese a presente resolución a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución cabe recurso de reposición no prazo de tres días que se interporá por escrito ante este xulgado.
O que así se propón e asina, dou fe».
E para que sirva de notificación en forma a quen se indica, estendo e asino a presente en Santiago de Compostela, quince de maio de dous mil.
A secretaria
Rubricado

