Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 12 de xuño de 2000 Páx. 9.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0527; XG-034, Vigo-Antas, con anexos.

O acordo directivo do 24 de abril de 2000 autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor

da empresa Castromil, S.A. por cesión do seu anterior titular, Autocares A.G. Turismo, S.L.

O que se publica unha vez cubertos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes