a) Obra.
1. Mellora do acceso ó polígono industrial do Campiño desde a estrada C-531 Pontevedra-Ponte Caldelas.
Clave: PO/00/35.6.
Orzamento: corenta millóns duascentas sesenta e sete mil oitocentas oitenta e nove (40.267.889) pesetas.
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.
Garantía provisional: non se esixe.
2. Rexeneración da capa de rodadura por treitos con mestura bituminosa descontinua en quente C-546 de Lugo a Ourense por Monforte de Lemos p.k. 3/19/53 zona sur, Lugo.
Clave: LU/00/17.2.
Orzamento: dezasete millóns dúas mil oitocentas sesenta e seis pesetas (17.002.866).
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.
Garantía provisional: non se esixe.
3. Mellora da capa de rodadura por treitos en varias estradas da zona norte de Lugo.
Clave: LU/00/18.2.
Orzamento: vintecatro millóns catrocentas oitenta e sete mil trescentas oitenta e seis (24.487.386) pesetas.
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.
Garantía provisional: non se esixe.
4. Conexión da estrada PO-242 coa estrada N-541 en Bora.
Clave: N/PO/95.9.
Orzamento: cento trinta e cinco millóns novecentas dezaseis mil catrocentas vintesete (135.916.427) pesetas.
Prazo de execución: 12 meses.
Clasificación: grupo B, subgrupo 3, categoría e.
Grupo G, subgrupo 4, categoría d.
Garantía provisional: non se esixe.
5. Reparación de fochas e tratamentos superficiais zona 3, A Coruña.
Clave: AC/00/10.2.
Orzamento: trinta e sete millóns catrocentas noventa e nove mil seiscentas vinteseis (37.499.626) pesetas.
Prazo de execución: 4 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.
Garantía provisional: non se esixe.
6. Reparación de fochas e tratamentos superficiais zona 4, A Coruña.
Clave: AC/00/11.2.
Orzamento: trinta e sete millóns catrocentas noventa e nove mil trescentas sesenta e sete (37.499.367) pesetas.
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.
Garantía provisional: non se esixe.
(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores.
O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a garantía provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse
por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
f) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de claúsulas administrativas particulares.
h) Variantes: segundo o especificado no parágrafo F, do cadro de características.
i) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.
P.D. (Orde do 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda

