a) Asistencias técnicas.
1. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de alargamento e mellora da estrada LU-612, treito: Mougán-Río Ferreira.
Clave: N/LU/90.4.3.
Orzamento: dous millóns novecentas vintetrés mil duascentas pesetas (2.923.200).
Prazo de execución: 12 meses.
A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.
A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:
-Que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.
-O adxudicatario deberá ter experiencia en expropiacións de estradas.
Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.
Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.
2. Asistencia técnica ás expropiacións do acondicionamento da estrada LU-133, treito: Vilamartín Grande-Covelas.
Clave: LU/98/149.1.
Orzamento: catro millóns cento noventa mil cincocentas pesetas (4.190.500).
Prazo de execución: 12 meses.
A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.
A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:
-Que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.
-O adxudicatario deberá ter experiencia en expropiación de estradas.
Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.
Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.
3. Asistencia técnica ás expropiacións do proxecto de construcción da obra de acondicionamento da estrada OU-310 de Verín a Vilardevós, treito: Verín-enlace autovía das Rías Baixas.
Clave: OU/98/145.1.
Orzamento: tres millóns cincuenta e cinco mil catrocentas corenta pesetas (3.055.440).
Prazo de execución: 12 meses.
A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.
A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:
-Que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.
-O adxudicatario deberá ter experiencia en expropiación de estradas.
Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.
Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.
b) Documentos de interese para os licitadores.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
f) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
g) Outras informacións.
A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.
Dentro do contrato está incluído o pagamento dos anuncios de convocatoria dos levantamentos de actas en dous xornais, BOP e BOE que correspondan legal
mente, segundo se especifica no punto 8 do prego de prescricións técnicas particulares.
h) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.
P.D. (Orde do 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda

