Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Sestelo y Cia, S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. e C.T. en urbanización Lamazares.
Situación: Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor de sección de 95 mm, de 400 m de lonxitude o tramo que vai desde a L.M.T. denominada Ascensión ata o C.T. que se proxecta na urbanización Lamazares, e de 250 m de lonxitude o tramo que vai desde o edificio Lopato, no Paseo Matutino, ata o C.T. que se proxecta na urbanización Lamazares, concello de Ponteareas. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20-220/380, na urbanización Lamazares.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 8 de maio de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

