En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 6 de abril de 2000, do que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:
1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Paxareiras II-E.
2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento do concello de Dumbría queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectoiral que se aproba.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2000.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria

