Examinado o expediente instruído por pedimento de Made Energías Renovables, S.A., con domicilio para efectos de notificacións en rúa do Castiñeiriño, 12-3º A, 15702 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Pena Luisa, resultan os seguintes antecedentes de feito:
Primeiro.-O 30 de novembro de 1998, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Made Energías Renovables, S.A. solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Pena Luisa, de 21,78 mW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo.-O proxecto, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública por Resolución do 8 de marzo de 1999, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: DOG do 19-3-1999, BOP do 25-3-1999, en El Progreso e La Voz de Galicia do 23-3-1999, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Ourol e Muras, e deuse coñocemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.
Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:
1. Francisco Jauregizar Isasi en representación de Silicatos Minerales, S.L., titular do permiso de investigación mineira Besteburiz nº 5.207 oponse ó parque só nas zonas nas que se detectou a presencia de mineral de feldespato.
2. O Concello de Ourol alega que seis parques no seu municipio son demasiados e que os estudios ambientais deberían considerar esta sinerxia. Propón compensacións directas ó concello e ós veciños en vez de expropiación, e solicita que se consideren posibles incompatibilidades con peticións concesionais de aproveitamentos hidroeléctricos presentadas polo concello.
3. Sinesio Porto Costa, Tomás Gómez Chao e José Luis Porto Martínez manifestan que os nomes das parcelas nos comunicados son erróneos, descoñecen se a superficie dos seus predios afectados polas ins
talacións se corresponden coa realidade, pois no tiveron coñecemento de por onde discorrerán os traballos e a posible incidencia negativa que sobre as vías poidan te-las obras do parque.
4. José Antonio Fernández Pico solicita que se considere a Xunta Veciñal de Montes en Man Común denominada Pena Luisa, Chao do Curro, Pena Dauga, Pedreizao e Pau do Lamoso como propietaria do predio detallado baixo o nº 89.
Terceiro.-O 15 de decembro de 1999, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.
Cuarto.-O 21 de decembro de 1999, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:
Situación e coordenadas poligonais:
X-Lonx. WY-latitude N
Nome Municipios Vértices
Ourol 0.615.5004.822.250
0.616.2504.821.000
0.615.6254.821.025
0.615.5004.821.500
0.615.2504.822.000
0.614.2504.822.750
0.613.7504.823.500
Pena Luisa Muras
0.614.0004.823.750
Características técnicas do parque:
-Nº de aeroxeradores: 33.
-Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.
-Xeradores: MADE AE-46/I.
-Potencia total instalada: 21,78 mW.
-Producción anual estimada: 57.703 mWh/ano.
-Investimento previsto: 2.904.651.574 ptas.
Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:
-33 transformadores de 0,690/20 kV, de potencia unitaria 700 kVA, instalados unitariamente en interior torre de aeroxerador, coa súa correspondente infraestructura enterrada de evacuación de enerxía.
-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía eléctrica producida nos parques eólicos de Pena Luisa e Pedra Chantada, composta por 2 transformadores principais 20/132 kV de 32 MVA de potencia cada un e dous de servicios auxiliares 20/0,38 kV de potencia unitaria 50 kVA, cos correspondentes equipos de medida, manobra e protección.
Fundamentos de dereito:
Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 212/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998,
do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:
1. Non podemos considera-la alegación presentada por Silicatos Minerales xa que a compatibilidade de ámbolos aproveitamentos non se poderá analizar ata que se presente o proxecto xeral de explotación correspondente á solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación mineira Besteburiz nº 5.207.
2. Non podemos acepta-las alegacións presentadas polo Concello de Ourol, toda vez que:
a) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental xa aprobou a declaración de efectos ambientais.
b) As compensacións pola ocupación dos terreos non é obxecto desta fase do expediente e tomarase en consideración no momento procedemental oportuno.
c) A compatibilidade con posibles aproveitamentos hidroeléctricos estudiarase, se é o caso, cando se presenten os proxectos de execución destes.
3. Polo que respecta ó manifestado por Sinesio Porto Costa, Tomás Gómez Chao e José Luis Porto Martínez, debemos sinalar que as afeccións están delimitadas no proxecto tanto en superficie como o tipo de afección.
4. Por último, non podemos estima-la alegación presentada por José Antonio Fernández Pico como representante da Xunta Veciñal de Montes en Man Común denominada Pena Luisa, Chao do Curro, Pena Dauga, Pedreizao e Pau do Lamoso xa que coa documentación achegada non se pode asegura-la pertenza do predio nº 89 ó citado monte en man común. Non obstante, se en calquera momento ata a data en que se proceda ó levantamento de actas de ocupación, acto que lle será notificado, achega a documentación necesaria que acredite a súa titularidade sobre o predio, esta será retirada do procedemento expropiatorio e seguirase o procedemento establecido na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento.
Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.
Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,
RESOLVE:
Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico Pena Luisa, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos
afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Industria e Comercio

