Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 12 de xuño de 2000 Páx. 9.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores E.N. 43 e 46/1999 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e Lei do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución, caberá de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación. Transcorrido o devandito prazo sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para tódolos efectos, sen prexuízo, de se-lo caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince dias contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 3110001181, de Caixa Galicia (2091) oficina 0388. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 9 de maio de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 43/1999.

Denunciado: Santiago Sanz Bartolomé.

Último enderezo coñecido: r/ Ibiza, nº 29, 1º D, Madrid.

Feito denunciado: circular cun vehículo marca Citröen, modelo Xantia, matrícula M-3165-OV, estacionándoo nas dunas sitas ó carón do aparcadoiro norte da praia da Lanzada, alterando as condicións dun espacio natural protexido, Complexo Intermareal Umia-O Grove. Feitos denunciados ás 18 horas do día 22 de agosto de 1999, na praia da Lanzada, concello do Grove.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38.2º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: E.N. 46/1999.

Denunciado: Santiago Sanz Bartolomé.

Último enderezo coñecido: r/ Ibiza, nº 29, 1º D, Madrid.

Feito denunciado: circular cun vehículo marca Citröen, modelo Xantia, matrícula M-3165-OV, estacionándoo nas dunas sitas ó carón do aparcadoiro norte da praia da Lanzada, alterando as condicións dun espacio natural protexido, Complexo Intermareal Umia-O Grove. Feitos denunciados ás 18.50 horas do día 26 de agosto de 1999, na praia da Lanzada, concello do Grove.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38.2º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 25.000 ptas.