Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 12 de xuño de 2000 Páx. 9.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da execución da obra de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de RSU situado nas proximidades da Estación de Inverno de Manzaneda, S.A.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de RSU situado nas proximidades das instalacións da Estación de Inverno de Manzaneda, S.A.

2.2. Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: dezanove millóns cincocentas vintedúas mil cento noventa e tres (19.522.193) pesetas, IVE incluído (117.511,05 euros).

5. Fianza provisional: trescentas noventa mil catrocentas corenta e catro (390.444) pesetas (2.346,61 euros).

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Obtención da documentación:

7.1. Copistería Copy Nino.

7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

7.4. Teléfono: 981 58 89 38.

8. Información:

8.1. Dirección: rúa dos Basquiños, nº 2.

8.2. Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de execución de obra de clausura, selaxe e rexeneración ambiental dos vertedoiros de RSU situados nas proximidades das instalacións da Estación de Inverno de Manzaneda, S.A. e do vertedoiro do concello de Foz (Lugo), a documentación xeral deberá constar nun só sobre A, e no seu exterior deberán figurar relacionadas as obras ás que se presenten proposicións, e no seu interior a fianza provisional esixida para cada unha delas.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente