1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de RSU do concello de Foz (Lugo).
2.2. Prazo de execución: seis meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: trece millóns cincocentas cincuenta e unha mil oitocentas corenta (13.551.840) pesetas, IVE incluído (81.448,20 euros).
5. Fianza provisional: duascentas setenta e unha mil trinta e sete (271.037) pesetas (1.628,97 euros).
6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
7. Obtención da documentación:
7.1. Copistería Copy Nino.
7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.
7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.
7.4. Teléfono: 981 58 89 38.
8. Información:
8.1. Dirección: rúa dos Basquiños, nº 2.
8.2. Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de execución de obra de clausura, selaxe e rexeneración ambiental dos vertedoiros de RSU situados nas proximidades das instalacións da Estación de Inverno de Manzaneda, S.A. e do vertedoiro do concello de Foz (Lugo), a documentación xeral deberá constar nun só sobre A, e no seu exterior deberán figurar relacionadas as obras ás que se presenten proposicións, e no seu interior a fianza provisional esixida para cada unha delas.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

