Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 12 de xuño de 2000 Páx. 9.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.336.442 e tres máis).

A) Obra.

1. Rede de sumidoiros na Moreira - 2ª fase (Marín-Pontevedra).

Clave: OH.336.442.

Orzamento: vintetrés millóns cento cincuenta e catro mil cincocentas noventa e oito pesetas (23.154.598 ptas., equivalente a 139.161,937 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: E.1.c.

Fianza provisional: catrocentas sesenta e tres mil noventa e dúas pesetas (463.092 ptas., equivalente a 2.783,239 euros).

2. Rede de saneamento en Entrambosríos (A Merca-Ourense).

Clave: OH.332.370.

Orzamento: doce millóns oitocentas trinta e seis mil novecentas oitenta e sete pesetas (12.836.987 ptas., equivalente a 77.151,846 euros).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a), e a súa solvencia técnica mediante os documentos citados no artigo 17, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría c, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica.

Fianza provisional: duascentas cincuenta e seis mil setecentas corenta pesetas (256.740 ptas., equivalente a 1.543,038 euros).

3. Abastecemento de auga a Láncara do manancial de Rariz e mellora da estación de bombeo (Láncara-Lugo).

Clave: OH.227.300.

Orzamento: doce millóns seiscentas trinta e dúas mil duascentas catro pesetas (12.632.204 ptas., equivalente a 75.921,075 euros).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a), e a súa solvencia técnica mediante os documentos citados no artigo 17, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría c, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica.

Fianza provisional: duascentas cincuenta e dúas mil seiscentas corenta e catro pesetas (252.644 ptas., equivalente a 1.518,421 euros).

4. Ampliación abastecemento de auga á zona escolar da Sangriña e A Pasaxe (A Guarda-Pontevedra).

Clave: OH.236.446.

Orzamento: sete millóns corenta mil corenta pesetas (7.040.040 ptas, equivalente a 42.311,493 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a), e a súa solvencia técnica mediante os documentos citados no artigo 17, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría c, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica.

Fianza provisional: cento corenta mil oitocentas unha pesetas (140.801 ptas., equivalente a 846,231 euros).

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na alínea A) anterior, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento da licitación, para cada unha das obras sinaladas na dita alínea.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día vintenove (29) de xuño de 2000.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día dez (10) de xullo de 2000.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 1.2.6. do prego de cláusulas administrativas particulares.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia