Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 12 de xuño de 2000 Páx. 9.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.232.299 e dúas máis).

A) Obra.

1. Construcción dun novo depósito regulador de auga en Montealegre (Ourense).

Clave: OH.232.299.

Orzamento: noventa e oito millóns seiscentas oitenta e dúas mil trescentas oitenta e cinco pesetas (98.682.385 ptas., equivalente a 593.093,079 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Grupo C, subgrupo 2, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Saneamento e abastecemento a Barreiros-última fase (Barreiros-Lugo).

Clave: OH.527.308.

Orzamento: cincuenta e un millóns novecentas sesenta e catro mil setecentas corenta e catro pesetas (51.964.744 ptas., equivalente a 312.314,401 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Mellora e ampliación da rede de saneamento no núcleo da Brea (Trazo-A Coruña).

Clave: OH.315.418.

Orzamento: vintecinco millóns catrocentas oitenta e catro mil trescentas noventa e catro pesetas (25.484.394 ptas., equivalente a 153.164,293 euros).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na alínea A) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento da licitación, para cada unha das obras sinaladas na dita alínea.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día vintenove (29) de xuño de 2000.

F) Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha variante para cada unha das obras citadas na letra A) deste anuncio, de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 2.1.1. do dito prego).

G) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día dez (10) de xullo de 2000.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

H) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia