1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702, Santiago de Compostela.
b) Número de expediente: 5/2000.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de licencias de Office 2000 profesional e Windows 2000 cliente para o CIXTEC, para as delegacións territoriais, e para as distintas dependencias da Consellería de Economía e Facenda.
b) Prazo de entrega: 15 días naturais a partir do outorgamento do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: vintedous millóns catrocentas mil pesetas (22.400.000 ptas.) IVE incluido, distribuído nos seguintes lotes:
Lote 1: 20.400.000 ptas.
Lote 2: 2.000.000 de ptas.
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento base de licitación, segundo o lote ó que se licite:
Lote 1: 408.000 ptas.
Lote 2: 40.000 ptas.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación, segundo o lote do que resulte adxudicatario.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeiro e Contable (CIXTEC).
b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
d) Teléfono: 981 54 13 37.
e) Telefax: 981 54 12 70.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación da documentación rematará ás 14 horas do décimo quinto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificante da data de imposición do envío na oficina de correos.
8. Apertura das ofertas
En acto público ás 13 horas do quinto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó da finalización do prazo de presentación das proposicións, no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).
9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2000.
Gonzalo Gómez Montaña
Director xeral do Centro Informático para a Xestión
Tributaria, Económico-FInanceira e Contable

