1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos. Edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º. Teléfono 981 54 27 78; fax 981 54 27 62. Santiago de Compostela.
2. Obxecto do contrato: a contratación dos servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias e traslados interhospitalarios do Hospital do Meixoeiro de Vigo.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
4. Orzamento base de licitación: importe máximo anual previsto de vinte millóns de pesetas (20.000.000 de ptas.), 120.202,42 euros.
5. Fianzas e garantías: fíxase unha fianza definitiva por importe de oitocentas mil pesetas (800.000 ptas.), 4.808,09 euros.
6. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios). Edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
7. Solvencia económica-financeira e técnica: acredítanse conforme o establecido nos puntos 4 e 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.a) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguin
te ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.
10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, o décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
11. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2000.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos

