Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 12 de xuño de 2000 Páx. 9.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2000 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación das subministracións que se citan. (Expediente 17 e 18/2000).

Expediente nº 17/2000.

Obxecto: equipamento informático do laboratorio da área de organización de empresas da facultade de Ciencias Empresariais de Ourense.

Localidade: Ourense.

Importe de licitación: 5.100.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo de entrega: entre o 1 e o 15 de setembro de 2000.

Expediente nº 18/2000.

Obxecto: equipamento informático do laboratorio da área de comercialización e investigación de empresas da facultade de Ciencias Empresariais de Ourense.

Localidade: Ourense.

Importe de licitación: 5.400.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo de entrega: entre o 1 e o 15 de setembro de 2000.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Número dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos: a) Descrición dos obxectos: a arriba indicada. b) Número de unidades que se van a entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas. c) División por lotes e número:-- d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías: provisionais: 2% dos importes licitación. Definitivas: 4% dos importes adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: edificio anexo ó rectorado; r/Areal, nº 46-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo -36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª entidade: rexistro xeral da Universdade de Vigo. 2ª Domicilio: rectorado -edificio anexo. R/Oporto nº 1 -planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo -36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado a Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46 -1ª planta. c) Localidade: Vigo -36201. d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 2 de xuño de 2000.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente