Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 12 de xuño de 2000 Páx. 9.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO.

Aclaración ó prego de cláusulas administrativas referidas á licitación para construír obra de reforma e adaptación de escola para albergue en Ordelles-O Pereiro de Aguiar, Ourense.

O antedito prego e a convocatoria tivo lugar mediante inserción de anuncio no DOG (Diario Oficial de Galicia) do día 26 de maio de 2000 número 102.

Ante a alegación presentada e o criterio da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, este concello desexa introduci-la seguinte aclaración interpretativa no punto III, 3, 1 c) referido á fase de participación que permite amplia-lo número dos interesados.

Debe interpretarse do xeito seguinte:

-Para a fase de participación soamente é necesario presentar xustificante de estar dado de alta no imposto sobre actividades económicas do domicilio da empresa e estar ó día no seu pagamento, referente á construcción de edificios.

-O adxudicatario terá que acreditar, no prazo de cinco días posteriores á notificación, estar dado de alta neste municipio, para a mesma actividade, e acreditar pagamento da cota correspondente a este ano, quedando sen efecto a adxudicación se non se cumprise ese requisito.

-Como consecuencia da dita aclaración-interpretación, amplíase o prazo de presentación de solicitudes de participación, durante o prazo de 15 días naturais seguintes ó da publicación no DOG.

O Pereiro de Aguiar, 1 de xuño de 2000.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde