Solicitada a declaración de interese xeral por José Benito Froján Rey e María del Carmen Resua Piñeiro para levar a cabo as obras de construcción dun edificio de 2.400 m en Fieitosa-A Barraca-Rianxo, para confección téxtil, exponse a información pública polo prazo de vinte días e cos efectos previstos no artigo 77.4º da Ley 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Rianxo, 6 de xuño de 2000.
Pedro Piñeiro Hermida
Alcalde

