Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 12 de xuño de 2000 Páx. 9.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

De conformidade co acordado polo Concello Pleno en sesión 30-3-2000 anúnciase a seguinte poxa:

1. Obxecto do contrato: constitúe o obxecto do contrato a venda poxa dos seguintes bens de propiedade municipal:

-Lote 1.

Rústico: Zarra, sito en Paderne, parroquia de Vilamaior, a labradío bienal e monte, da superficie aproximada de 4 hectáreas, 53 áreas e 57 centiáreas, integrado polas parcelas 1081 e 1082 do catastro

de rústica, e inscrito no inventario de bens desta corporación e no Rexistro da Propiedade de Sarria no folio 160, do libro 145, tomo 368, predio 16263.

Tipo de licitación: 2.400.000 ptas.

-Lote 2.

Rústico: Prado da Carreira, sito en Paderne, parroquia de Vilamaior, a prado e monte, da superficie aproximada de 2 hectáreas, 43 áreas e 51 centiáreas, formado polas parcelas 55, 410 e 411 do polígono 32 do catastro de rústica e inscrito no inventario de bens desta corporación e no Rexistro da Propiedade de Sarria no folio 162, do libro 145, tomo 368, predio número 16264.

Tipo de licitación: 2.700.000 ptas.

-Lote 3.

Rústico: Leira Grande, sito en Paderne, parroquia de Vilamaior, a labradío da superficie dunha hectárea, 63 áreas e 16 centiáreas, e a parcela 62 do polígono 32 do catastro de rústica e inscrito no inventario de bens desta corporación e no Rexistro da Propiedade de Sarria no folio 163, do libro 145, tomo 368, predio número 16265.

Tipo de licitación: 1.800.000 ptas.

O tipo de licitación fixada para cada lote poderá ser mellorada á alza.

2. Duración do contrato.

O Concello de Sarria comprométese a traslada-la propiedade e posesión dos bens descritos mediante o outorgamento de escritura pública ante notario, dentro dos quince días seguintes ó da data da adxudicación.

3. Garantías provisionais e definitivas.

Provisional: 2% do tipo de licitación de cada lote.

Definitiva: 4% do importe do remate.

4. Proposicións.

Os licitadores formularán proposicións independentes para cada lote axustándose ó modelo especificado no punto 5 do prego de cláusulas.

5. Prazo de presentación de proposicións.

Vinteseis (26) días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do edicto de poxa no Diario Oficial de Galicia.

6. Apertura de plicas.

Terá lugar no salón de plenos da casa do concello, ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións, se o terceiro día hábil coincidise en sábado, trasladarase ó luns inmediato posterior.

Sarria, 11 de maio de 2000.

O alcalde

Rubricado