Coa finalidade de adxudicar destino provisional para o curso académico 2000/2001, ó profesorado sen destino definitivo dos corpos citados, convócase o presente concurso de acordo coas seguintes bases:
Primeira.-Convócase concurso, de acordo coas especificacións que se citan na presente resolución, para a provisión das necesidades de profesorado para o curso 2000/2001, nos centros que se relacionan nos anexos I, II, III e IV, entre o profesorado sen destino definitivo dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño.
Segunda.-Estarán obrigados a participar no presente concurso, na súa especialidade:
a) O profesorado que resultou suprimido no proceso de adscrición regulado pola Orde do 1 de outubro de 1998 e continúe nesa situación, agás que fixera a opción de ser recolocado na localidade na que foi suprimido.
b) O profesorado en situación de expectativa de destino, que se ordenará por anos de realización do concurso-oposición, e dentro de cada concurso-oposición polo número de orde obtido nel. Este pro
fesorado relaciónase no anexo V da Resolución do 17 de abril de 2000 (DOG do 2 de maio), pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados convocado pola Orde do 20 de outubro de 1999.
c) Os opositores que superen o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas ou profesores de música e artes escénicas convocados pola Orde do 15 de marzo de 2000 pola orde obtida no procedemento selectivo, agás os que estean exentos de realiza-la fase de prácticas e opten por continuar desempeñando servicios no seu corpo de orixe.
d) O profesorado interino, pola mesma orde que elixiron no curso académico 1999-2000.
e) O profesorado substituto, en función da orde de acceso á interinidade ou substitución.
Terceira.-Os profesores de ensino secundario poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:
a) As correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros ou localidades, que figuran no anexo I desta resolución e para as especialidades de:
Código Especialidade
001 FILOSOFÍA 002 GREGO 003 LATÍN 004 LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 005 XEOGRAFÍA E HISTORIA 006 MATEMÁTICAS 007 FÍSICA E QUÍMICA 008 BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 009 DEBUXO 010 FRANCÉS 011 INGLÉS 012 ALEMÁN 016 MÚSICA 017 EDUCACIÓN FÍSICA 018 PSICOLOXÍA E PEDAGOXÍA 019 TECNOLOXÍA 020 ÉTICA 053 LINGUA E LIT. GALEGA 056 INFORMÁTICA BUP 059 TECN. EMPRES. E ACT. TURÍSTICAS
Código Especialidade
061 ECONOMÍA 063 EQUIPOS INFORMÁTICOS 064 TECNOLOXÍA FONTANERÍA 066 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL 070 ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO 072 VOLUME 073 XEOMETRÍA DA ARTE 101 ADMINISTRACIÓN DE EMPRESAS 102 ANÁLISES E QUÍMICA INDUSTRIAL 103 ASESORÍA E PROCESOS DE IMAXE PERSOAL 104 CONSTRUCCIÓNS CIVÍS E EDIFICACIÓNS 105 FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL 106 HOSTELERÍA E TURISMO 107 INFORMÁTICA 108 INTERVENCIÓN SOCIOCOMUNITARIA 109 NAVEGACIÓN E INSTALACIÓNS MARIÑAS 110 ORGANIZACIÓN E XESTIÓN COMERCIAL 111 ORGANIZACIÓN E PROCESOS DE MANTEMENTO DE VEHÍCULOS 112 ORGANIZACIÓN E PROXECTOS DE FABRICACIÓN MECÁNICA 113 ORGANIZACIÓN E PROXECTOS DE SISTEMAS ENERXÉTICOS 115 PROCESOS DE PRODUCCIÓN AGRARIA 116 PROCESOS NA INDUSTRIA ALIMENTARIA 117 PROCESOS DIAGNÓSTICOS CLÍNICOS E PROCED. ORTOPROTÉSICOS 118 PROCESOS SANITARIOS 119 PROCESOS E MEDIOS DE COMUNICACIÓN 120 PROCESOS E PRODUCTOS DE TÉXTIL, CONFECCIÓN E PEL 122 PROCESOS E PRODUCTOS EN ARTES GRÁFICAS 123 PROCESOS E PRODUCTOS EN MADEIRA E MOBLE 124 SISTEMAS ELECTRÓNICOS 125 SISTEMAS ELECTROTÉCNICOS E AUTOMÁTICOS 803 CULTURA CLÁSICA
b) O profesorado interino e substituto de clásicas poderá solicitar indistintamente as prazas de latín e grego entendéndose incluída para estes participantes a cultura clásica.
Os funcionarios de carreira procedentes de extinguidas especialidades de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo II d) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica e VIII d) do Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, e que a continuación se relacionan.
Especialidade antiga Especialidades novas
Tecn. administrativa e comercial -Administración de empresas.-Organización e xestión comercial. Tecn. delineación -Construccións civís e edificacións.-Organización e proxectos de fabricación mecánica.-Organización e proxectos de sistemas enerxéticos. Tecn. sanitaria -Procesos sanitarios.-Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos. Tecn. Agraria -Procesos de producción agraria.-Procesos na industria alimentaria.
O establecido no epígrafe anterior resultará da aplicación ós funcionarios en expectativa, prácticas, interinos e substitutos nos supostos de que exista unha única lista da especialidade.
c) Os profesores de ensino secundario titulares das especialidades correspondentes poderán solicita-las prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos relacionadas nos anexos II e IV da presente resolución. Para tales efectos deberán incluír na súa petición os códigos destes centros, aínda no suposto de que optaran por efectua-la súa solicitude por localidades.
d) Os titulares da especialidade de tecnoloxía administrativa que posúan algunha das titulacións de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en ciencias económicas, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública poderán solicitar prazas de economía.
Cuarta.-Os profesores do corpo de profesores técnicos de formación profesional poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:
a) Prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros ou localidades que figuran no anexo I, e para as especialidades de:
Código Especialidade
028 PRÁCT. EQUIPOS INFORMÁTICOS 030 PRÁCT. PROTÉSICO DENTAL 031 PRÁCT. HIXENISTA DENTAL 033 PRÁCTICAS E ACTIVIDADES 034 PRÁCT. EMPRESAS E ACTIVIDADES TURÍSTICAS 037 PRÁCT. DIMINUÍDOS PSÍQUICOS 201 COCIÑA E PASTELERÍA 202 EQUIPOS ELECTRÓNICOS 203 ESTÉTICA 204 FABRICACIÓN E INSTALACIÓN DE CARPINTERÍA E MOBLE 205 INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE EQUIPOS TÉRMICOS E DE FLUÍDOS. 206 INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS 208 LABORATORIO 209 MANTEMENTO DE VEHÍCULOS 210 MÁQUINAS, SERVICIOS E PRODUCCIÓN 211 MECANIZADO E MANTEMENTO DE MÁQUINAS 212 OFICINA DE PROXECTOS DE CONSTRUCCIÓN 213 OFICINA DE PROXECTOS DE FABRICACIÓN MECÁNICA 214 OPERACIÓNS E EQUIPOS DE ELABORACIÓN DE PRODUCTOS ALIMENTARIOS. 215 OPERACIÓNS DE PROCESOS 216 OPERACIÓNS DE PRODUCCIÓN AGRARIA 217 PATRONAXE E CONFECCIÓN 218 PERRUQUERÍA 219 PROCEDEMENTOS DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO E ORTOPROTÉSICO 220 PROCEDEMENTOS SANITARIOS E ASISTENCIAIS 221 PROCESOS COMERCIAIS 222 PROCESOS DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA 223 PRODUCCIÓN EN ARTES GRÁFICAS 225 SERVICIOS Á COMUNIDADE 226 SERVICIOS DE RESTAURACIÓN 227 SISTEMAS E APLICACIÓNS INFORMÁTICAS 228 SOLDADURA 229 TÉCNICAS E PROCEDEMENTOS DE IMAXE E SON
Os funcionarios de carreira procedentes de extinguidas especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo IV c) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica e VIII b) do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, e que a continuación se relacionan.
Especialidade antiga Especialidade nova
Práct. administrativas e comerciais -Proc. de xestión administrat.-Proc. comerciais. Prácticas de delineación. -Oficina de prox. de construcción.-Oficina de prox. de fabricación mecánica. Prácticas de química -Laboratorio.-Operacións de procesos. Prácticas do metal -Mecanizado e mantemento de máquinas.-Soldadura
Especialidade antiga Especialidade nova
Pract. perruquería e est. -Estética-Perruquería Prácticas sanitarias -Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico. (Non inclúe as prazas de protésico dental).-Procedementos sanitarios e asistenciais. Prácticas agrarias -Operacións e equipos de producción agraria.-Operacións e equipos de elaboración de productos alimentarios. Prácticas de electricidade -Instalacións electrotécnicas.-Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos.
O establecido no epígrafe anterior resultará de aplicación ós funcionarios en expectativa, prácticas, interinos e substitutos, nos supostos de que exista unha lista única de especialidade.
Quinta.
Os profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que soliciten localidades entenderase que solicitan tódolos centros da localidade, incluídos no anexo I, pola orde que se publican na presente resolución. Se piden a localidade con afíns, entenderase que solicitan con prioridade tódolos centros desta sen afíns e, posteriormente, con afíns. Se desexan solicitar centros doutros anexos deberán especifica-la petición co código do centro.
Sexta.
Os profesores de escolas oficiais de idiomas, de acordo coas especialidades de que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo II e para as especialidades de:
Código Especialidade
001 ALEMÁN 006 ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS 008 FRANCÉS 009 GALEGO 011 INGLÉS 012 ITALIANO 015 PORTUGUÉS 017 RUSO
Sétima.
Os profesores de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades de:
Código Especialidade
001 ACORDEÓN 002 HARMONÍA E MELODÍA ACOMPAÑADA 004 CANTO 007 CLARINETE 008 COMPOSICIÓN E INSTRUMENTACIÓN 009 CONXUNTO CORAL E INSTRUMENTAL 010 CONTRABAIXO 011 CONTRAPUNTO E FUGA 019 ESTÉTICA E Hª DA MÚSICA, DA CULTURA E DA ARTE 021 FAGOT 023 FRAUTA TRAVESA 024 FRAUTA DE BICO 026 GUITARRA 029 Hª DA CULTURA E DA ARTE 039 MÚSICA DE CÁMARA 042 ÓBOE 043 ÓRGANO 045 PERCUSIÓN 046 PIANO 048 PIANISTA ACOMPAÑANTE (CANTO) 050 REPENTIZACIÓN, TRANSPOSICIÓN, INSTRUM. E ACOMPAÑAMENTO 052 SAXOFÓN 053 SOLFEXO E TEORÍA DA MÚSICA 055 TROMBÓN 057 TROMPA 058 TROMPETA
Código Especialidade
059 TUBA 060 VIOLA 061 VIOLÍN 063 VIOLONCELO 064 PIANISTA ACOMPAÑANTE (INSTRUMENTOS) 065 PIANISTA ACOMPAÑANTE (DANZA) 066 PIANISTA ACOMPAÑANTE 088 HARPA 090 CLAVE
Oitava.
Os profesores de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:
Código Especialidades
006 DEREITO USUAL E CONTABILIDADE 009 DEBUXO ARTÍSTICO 010 DEBUXO LINEAL 013 Hª DA ARTE 016 MATEMÁTICAS 018 MODELADO E BALEIRADO 034 TÉCNICAS DE DESEÑO GRÁFICO 035 TÉCNICAS GRÁFICAS INDUSTRIAIS 037 TEORÍA E PRÁCTICA DO DESEÑO 038 PROXECTO E DESEÑO INTERIORES 039 TEORÍA DA COMUNICACIÓN 040 XEMOLOXÍA
Novena.
Os mestres de taller de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:
Código Especialidades
006 CERÁMICA ARTÍSTICA 008 DECORACIÓN 012 DELINEACIÓN 015 DESEÑO DE FIGURÍNS 016 DOURADO E POLICROMÍA 021 ESMALTES 027 FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA 028 FOTOGRAFÍA E PROCESOS DE REPRODUCCIÓN 041 METALISTERÍA ARTÍSTICA 047 OURIVERÍA 050 QUÍMICA APLICADA Á CERÁMICA 052 REPUXADO EN METAL 058 TALLA EN MADEIRA 060 TALLA EN PEDRA E MADEIRA 063 TÉCNICAS DE XOIERÍA 065 BALEIRADO E MOLDAXE 066 PROXECTO E DESEÑO DE INTERIORES 067 TALLER DO MOBLE 097 SERIGRAFÍA 107 DESEÑO GRÁFICO ASISTIDO POR ORDENADOR
Décima.
1. Os participantes deberán manifestar na instancia de solicitude aquelas disciplinas afíns coas que desexan completar, se é o caso, horario.
2. De existir nun centro máis dunha vacante da mesma especialidade, unha delas cun horario completo e outra para completar con materias afíns, adxudicarase en primeiro lugar a praza ou prazas que teñan horario completo da especialidade pola que se participa.
3. O profesorado poderá solicitar un mesmo centro ou localidade con horario completo da súa especialidade e con materias afíns, na orde que coide conveniente. Para estes efectos deberanse repeti-los códigos dos centros nos que se dea a circunstancia, poñendo unha cruz (x) no recadro da dereita da solicitude (A) que fai referencia a materias afíns. Cando
se pretende solicitar un centro primeiro sen materias afíns e inmediatamente despois con materias afíns terán que trascribi-lo código do centro unha soa vez, poñendo unha cruz (x) no recadro da dereita da solicitude. Na adxudicación terá prioridade a petición de centro ou localidade sobre a orde das materias afíns.
O profesorado poderá excluír da súa solicitude a petición de destinos de centros compartidos, sinalándoo no recadro correspondente da instancia.
Décimo primeira.
1. A orde de adxudicación dos destinos provisionais será por colectivos preferentes, conforme o previsto na base segunda.
2. Ós profesores interinos e substitutos que soliciten prazas da súa especialidade sen completar horario con ningunha outra materia, de non corresponderlles ningunha destas prazas, pasarán a formar parte da lista para posibles novas necesidades de interinidades ou substitucións. Ós profesores en expectativa de destino e en prácticas adxudicaráselles destino de oficio.
3. Ós profesores que solicitando prazas da súa especialidade completando horario con outras materias, de non corresponderlles praza na súa especialidade adxudicaráselles praza noutra materia das indicadas como afíns, se existise vacante, unha vez colocados os colectivos sinalados nas letras a), b), c), d) e e) da base segunda da presente resolución.
4. Ó profesorado substituto unicamente poderá adxudicárselle praza da súa especialidade con ou sen materias afíns segundo a solicitude.
Décimo segunda.-As prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos que queden vacantes, unha vez resolto o concurso entre os funcionarios en expectativa de destino, funcionarios en prácticas e, se é o caso, interinos dos corpos correspondentes, serán adxudicadas ós profesores de ensino secundario, da respectiva especialidade que as solicitasen.
Décimo terceira.-Cando concorran a prazas de materias afíns profesores de distinta especialidade, a orde de prioridade na adxudicación virá determinada pola pertenza a un colectivo preferente, de acordo coa base segunda da presente resolución. No suposto de que pertenzan ó mesmo colectivo a orde será determinada pola data máis antiga de acceso á prestación de servicios como interino ou substituto. De coincidi-la mesma data de acceso a un posto de traballo na función pública docente, desempatarase por orde alfabética, iniciándose polo apelido coa letra «z».
Décimo cuarta.
1. Con carácter previo á adxudicación das prazas do presente concurso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá a resolve-las peticións de reingreso no servicio activo solicitados con anterioridade ó 3 de setembro de 2000.
2. Así mesmo, con carácter previo á adxudicación destas prazas deberá terse rematado a adscrición
funcional regulada polas instruccións da Dirección Xeral de Persoal do 8 de maio de 2000.
3. Así mesmo, con carácter previo á adxudicación destas prazas procederase a adscrición provisional daqueles profesores que tendo destino definitivo deban ser desprazados provisionalmente por falta de horario no seu centro de destino, de acordo coas seguintes normas:
a) A adscrición provisional de efectivos dentro da mesma localidade efectuarase por resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Inspección Educativa. No suposto de que o funcionario que se vai desprazar teña a posibilidade de ir prestar servicios en mais dun centro, por existir vacantes da súa especialidade, será desprazado ó que el determine.
b) A adscrición provisional para unha localidade distinta dentro da mesma provincia de destino efectuarase por resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Inspección Educativa, logo de conformidade do interesado.
c) A adscrición provisional a un centro situado en provincia distinta da de orixe será efectuada pola Dirección Xeral de Persoal, por proposta dos delegados provinciais, logo do informe da Inspección Educativa e da conformidade do interesado.
d) Cando varios profesores soliciten voluntariamente ser adscritos a outro centro por falta de horario no seu centro de destino definitivo, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:
1. Prestar servicios na mesma localidade.
2. Prestar servicios na mesma provincia.
3. Data da toma de posesión. Se a data da toma de posesión é a mesma daráselle prioridade ó número de rexistro de persoal máis baixo ou mellor número de oposición, segundo os casos. Se concorresen á mesma praza funcionarios procedentes de distintos corpos, anteriores á entrada en vigor da LOXSE, efectuarase un sorteo para determina-la preferencia.
Décimo quinta.-O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Os que de conformidade co establecido na base décimo oitava da Resolución do 31 de maio de 1999 desexen acollerse á solicitude realizada no curso anterior, presentarán no mesmo prazo o anexo VIII.
Para os opositores que superen o procedemento selectivo convocado pola Orde do 15 de marzo de 2000, o prazo será de cinco días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da lista de aprobados polos tribunais.
Os opositores mencionados no parágrafo anterior que xa fixeran a súa solicitude pola súa condición de interinos ou substitutos poderán acollerse a presentar no mesmo prazo e lugar mencionados anteriormente o documento que se achega como anexo V.
Décimo sexta.
1. Sen prexuízo do establecido no parágrafo terceiro da base anterior, as solicitudes, segundo o modelo oficial que estará á disposición dos interesados nas delegacións provinciais, presentaranse, por duplicado, orixinal e fotocopia, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 37.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Xuntarase á solicitude fotocopia compulsada do primeiro nomeamento como funcionario interino ou substituto.
2. Nas solicitudes deberanse consigna-los centros ou localidades que se solicitan por orde de preferencia, cos números de código que figuran nos anexos da presente resolución.
Cando non exista concordancia entre os dous exemplares da solicitude de prazas, terá validez a que sexa obxecto de tratamento informático. Calquera erro no número de código determinará que se anule a petición, se non corresponde a ningún centro existente.
3. Cando se soliciten prazas de máis dunha especialidade, de acordo coas bases desta convocatoria, deberanse repeti-los códigos dos centros ou localidades nos que se desexe obter praza, indicando no recadro da dereita da instancia o código da especialidade.
Décimo sétima.
1. Non poderán participar no presente concurso os profesores que teñan concedida unha comisión de servicios ou unha adscrición a un posto de traballo para o curso académico 2000-2001.
2. Aqueles profesores ós que, participando no concurso convocado pola presente resolución, se lles conceda posteriormente unha comisión de servicios ou adscrición deberán remitir renuncia ó concurso, dirixida á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Décimo oitava.-A solicitude realizada conforme esta resolución será válida para os cursos académicos vindeiros, agás que o interesado desexe modifica-la orde de petición de centros.
Décimo novena.
1. O día 20 de xullo de 2000, a Dirección Xeral de Persoal procederá a publica-las relacións de persoal, por especialidades e orde de adxudicación de prazas nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos centros educativos que a continuación se indican:
A Coruña... IES «Eusebio da Guarda»... IES «Fdo. Wirtz».
Santiago de Compostela... IES «Rosalía de Castro»... IES «Monte de Conxo».
Ferrol... IES «Sofía Casanova»... IES de Caranza.
Lugo... IES «N. Sra. dos Ollos Grandes»... IES Nº 1.
Burela... IES «Monte Castelo».
Monforte de Lemos... IES «Río Cabe».
Ourense... IES «Eduardo Blanco Amor»... IES «A Carballeira».
O Barco de Valdeorras... IES «Lauro Olmo».
Pontevedra... IES «Valle Inclán»... IES «Frei Martín Sarmiento».
Vigo... IES «San Tomé de Freixeiro»... IES Nº 1.
2. Publicadas as relacións de persoal, ábrese un prazo de dez días naturais para presentar reclamacións.
3. Resoltas as reclamacións, a Dirección Xeral de Persoal procederá á adxudicación das prazas e a facer pública a resolución provisional do concurso nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
4. Os concursantes poderán presentar reclamacións á resolución provisional, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, no prazo de tres días naturais a partir da súa exposición.
5. Resoltas as incidencias ás que se refire o epígrafe anterior procederase a elevar a definitiva a resolución provisional e a súa publicación na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais.
Vixésima.-O profesorado tomará posesión na unidade de persoal da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia de destino, e incorporarase ó centro no prazo das corenta e oito horas seguintes á exposición da resolución definitiva do concurso.
Vixésimo primeira.-Os participantes nos procedementos selectivos, convocados pola Orde do 15 de marzo de 2000, que non estean incluídos nas listas dos aspirantes que superaron estes, nin nas letras d) ou e) da base segunda da presente resolución, poderán solicitar, segundo o modelo que se publica como anexo VI, a súa inclusión nas relacións de aspirantes a desempeñar prazas de interinidades ou substitucións, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de aprobados, sempre que estean en posesión da titulación que se relaciona para cada especialidade no anexo VII. Estarán exceptuados deste requisito de titulación os aspirantes que superen o primeiro dos exercicios da fase de oposición a partir da convocatoria realizada pola Orde do 15 de marzo de 2000. Para tales efectos deberán achegar fotocopia compulsada do título académico alegado.
Este colectivo ordenarase para efectos de prioridade na elección por especialidades e dentro de cada especialidade por bloques, de acordo co número de exercicios superados; dentro destes bloques pola puntuación resultante da fase de concurso e oposición, unha vez realizada a ponderación prevista no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2000.
Jaime García García
Director xeral de Persoal
ANEXO V
Don/a..., co DNI... e domicilio para efectos de notificación na rúa... C.P... localidade... provincia... Telfno...
EXPÓN: que de conformidade coa resolución da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 13 de maio de 2000, solicitou praza como
q Interino
no corpo de..., especialidade de...
q Substituto
Que superou o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario/profesores técnicos de formación profesional/profesores de escolas oficiais de idiomas/profesores de música e artes escénicas (rísquese os corpos que non procedan) convocado pola Orde do 15 de marzo de 2000 na especialidade de..., polo que solicita que a súa petición sexa tramitada conforme a base décimo quinta da resolución mencionada.
........., .... de ......... 2000.
Asdo.:
Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
ANEXO VI
Don/a... co DNI... e domicilio para efectos de notificación na rúa... C.P... localidade... provincia... Telfno...
SOLICITA ser incluído na relación de aspirantes que van desempeñar prazas de interinidades ou substitucións de ensino secundario/profesores técnicos de formación profesional/profesores de escolas oficiais de idiomas/profesores de música e artes escénicas (rísquese o corpo que non proceda) na especialidade de..., estando en posesión do título de... e superando no procedemento selectivo convocado pola Orde do 15 de marzo de 2000 o... exercicio.
........., .... de ......... 2000.
Asdo.:
Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
ANEXO VII
Especialidade Titulacións
Lingua castelá e literatura -Licenciado en filoloxía hispánica
Matemáticas -Licenciado en matemáticas
Física e química -Licenciado en física e química
Bioloxía e xeoloxía -Licenciado en bioloxía ou xeoloxía
Debuxo -Arquitecto -Licenciado en Belas Artes -Enxeñeiro
Especialidade Titulacións
* Ciencias físicas
* Ciencias económicas * Ciencias empresariais * Informática de xestión
* Navegación marítima * Aeronáutico, en tódalas súas especialidades
* Industrial, en tódalas súas especialidades
Francés -Licenciado en filoloxía francesa
Inglés -Licenciado en filoloxía inglesa
Música -Título superior de música ou equivalente, segundo o Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo -Licenciado en xeografía e historia, especialidade musicoloxía
Educación física -Licenciado en educación física -Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte
Psicoloxía e pedagoxía -Licenciado en: * Psicoloxía * Filosofía e ciencias da educación (especialidades psicoloxía ou ciencias da educación) * Filosofía e letras (especialidades pedagoxía ou psicoloxía) * Psicopedagoxía-Diplomados nas escolas universitarias de psicoloxía ata 1974
Tecnoloxía -Enxeñeiro -Arquitecto -Licenciado en:
* Ciencias químicas * Ciencias * Mariña civil -Enxeñeiro técnico -Arquitécto técnico -Diplomado na Mariña Civil
Lingua e literatura galega -Licenciado en filoloxía galaico-portuguesa
Formación e orientación laboral -Licenciado en:
* Ciencias empresariais * Dereito * Psicoloxía * Socioloxía -Diplomado en:
* Relacións laborais * Traballo social * Educación social * Xestión e administración pública
Informática -Diplomado en estatística -Enxeñeiro técnico en:
* Informática de sistemas -Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas -Enxeñeiro superior en telecomunicacións
Organización e procesos de mantemento de vehículos -Diplomado en:
* Radioelectrónica naval * Máquinas navais -Enxeñeiro técnico:
* Agrícola, en tódalas súas especialidades * Forestal, en tódalas súas especiailidades * Minas, en tódalas súas especialidades * Naval, especialidade en propulsión e servicios do buque * Obras públicas, en tódalas súas especialidades * Industrial, en tódalas súas especialidades -Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas
Organización e proxectos de fabricación mecánica -Enxeñeiro técnico:
* Minas, en tódalas súas especialidades * Diseño industrial * Aeronáutico, especialidade en aeronaves e especialidade en equipos e materiais aeroespaciais * Naval, especialidade en estructuras mariñas * Agrícola, en tódalas súas especialidades * Obras públicas, especialidade en construccións civís * Diplomado en máquinas navais -Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas
* Comunicación audiovisual
* Aeronáutica (especialidade aeronavegación)Procesos e medios de comunicación -Licenciado en:
* Publicidade e relacións públicas * Xornalismo -Enxeñeiro en telecomunicación
Cociña e pastelería -Técnico especialista en hostalería -Técnico superior en restauración
Instalacións electrotécnicas -Diplomado en radiolectrónica naval -Enxeñeiro técnico en:
* Informática de sistemas
Especialidade Titulacións
* Industrial, especialidade en mecánica
* Industrial, especialidade en mecánica
* Agrónomo * Agrícola en tódalas súas especialidades
* Pedagoxía* Industrial (especialidade electricidade ou electrónica industrial) * Telecomunicacións, en tódalas súas especialidades -Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas
Mantemento de vehículos -Diplomado en máquinas navais -Enxeñeiro técnico:
* Aeronáutico en tódalas súas especialidades * Naval, especialidade en propulsión e servicios do buque * Agrícola, en tódalas súas especialidades * Minas, especialidade en instalacións electromecánicas mineiras -Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas -Técnico superior en automoción
Mecanizado e mantemento de máquinas -Diplomado en máquinas navais -Enxeñeiro técnico:
* Deseño industrial * Naval, especialidade estructuras marinas * Agrícola, en tódalas súas especialidades * Minas, especialidade en mineralurxia e metalurxia -Tódalas titulacións superiores das anteriormente citadas -Técnico superior en producción por mecanizado
Operacións de producción agraria -Enxeñeiro:
* De montes -Enxeñeiro técnico:
* Forestal en tódalas súas especialidades
Producción en artes gráficas -Técnico superior en producción industrial de artes gráficas
Servicios á comunidade -Licenciado en:
* Psicoloxía
Especialidade Titulacións
* Educación social * Informática
* Comunicación audiovisual
* Socioloxía * Psicopedagoxía -Diplomado en:
* Traballo social -Mestre en tódalas súas especialidades
Sistemas e aplicacións informáticas -Enxeñeiro:
* Telecomunicación -Enxeñeiro técnico: * Informática de xestión * Informática de sistemas * Telecomunicación en tódalas súas especialidades
Técnica e procedementos de imaxe e son -Licenciado en:
* Publicidade e relacións públicas * Xornalismo * Enxeñeiro de telecomunicación * Enxeñeiro técnico en telecomunicación, especialidade en son e imaxe
Alemán -Licenciado en filoloxía alemana
Portugués -Licenciado en filoloxía portuguesa
Clarinete -Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade
Contrabaixo -Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade
Piano -Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade
Saxofón -Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade
Violín -Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade
Violoncelo -Título de profesor superior ou grao medio, expedido ó abeiro do Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, na dita especialidade

