Antecedentes:
1. O Instituto Galego da Vivenda e Solo remite o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución da primeira e segunda etapa do Plan Parcial de Solo Residencial de Navia (Vigo), de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).
2. O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data do 27 de decembro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de taxación conxunta e sometelo a información pública polo prazo dun mes, anunciándose no xornal Faro de Vigo do 7 de xaneiro de 2000 e no DOG do 10 de xaneiro de 2000.
3. A taxación foi notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da Lei do solo de Galicia.
4. O Instituto Galego da Vivenda e Solo emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 145.6º da Lei do solo de Galicia, e remite o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.
Fundamentos xurídicos:
Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 145 da Lei do solo de Galicia.
Segundo.-O proxecto de expropiación abarca a superficie correspondente ó Plan Parcial de Solo Residencial de Navia, no termo municipal de Vigo, aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación en sesión do 3 de xuño de 1996, no que se determina como sistema de actuación o de expropiación.
En virtude do disposto polos artigos 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e os artigos 54, en relación co 124 e 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a dita aprobación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos incluídos no ámbito dos polígonos, resultando lexitimada a expropiación proposta.
Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia:
-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e lindeiros.
-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.
-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.
-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.
Cuarto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ós establecidos polos artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións.
Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000), pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.
Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables, proponse adopta-la seguinte resolución:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución da primeira e segunda etapa do Plan Parcial de Navia (Vigo), para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación a estas, que constan no expediente.
Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei do solo de Galicia.
En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146.2º da Lei do solo de Galicia).
Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó Instituto Galego da Vivenda e Solo e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da Lei do solo de Galicia, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia).
Terceiro.-Publicar esta resolución así como o seu anexo, detallando a relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello.
Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada
a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da Lei 29/1998, da xurisdicción contencioso-administrativa). Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.
Todo esto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade como se indicou no punto 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.
José Cudeiro Mazaira
Director xeral de Urbanismo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
pola expropiación
Predio nº Propietario Superf. m Valoración ptas.
1 Iglesias Pazo, Josefina 350 3.410.400
2 Iglesias García, Ramiro 463 11.305.846
3 Goberna Costas, Florentina 138 6.394.201
4 Goberna Costas, Florentina 62 604.128
5 Goberna Costas, Concepción 57 555.408
6 Goberna Costas, Concepción 144 7.654.678
7 Hdos. de Manuel Costas Engroba 866 17.355.973
8 Iglesias Alonso, Ángel 1.463 14.265.972
10 Hermida Escaso, José Carlos 1.170 11.400.480
11 Iglesias Costas, Fernando 1.028 10.016.832
12 Iglesias Costas, María del Carmen 569 5.544.336
13 Costas Molares, Amparo e outras 125 1.218.000
14 Parroquia de S. Miguel de Bouzas 158 1.539.552
15 Descoñecido 141 1.373.904
Predio nº Propietario Superf. m Valoración ptas.
16 Pena Barreiro, Norberto 172 1.675.968
17 Abalde Pérez, Amadora 589 5.739.216
18 Alonso Álvarez, Juan 651 6.343.344
19 Costas Pérez, Cándido 32 311.808
20 Iglesias Rozas, Francisca e J. Agustín 839 8.175.216
21 Costas Vilar, José Antonio 1.079 10.844.526
22 Iglesias Rozas, J. Agustín e Francisca 166 1.617.504
23 Descoñecido 233 2.278.227
24 Iglesias Rozas, J. Agustín e Francisca 81 789.264
25 Hermida García, Sergio e María 257 2.504.208
26 Descoñecido 1.153 11.247.957
27 Hdos. de Elvira Verde López 1.140 11.108.160
28 Rocha Rodríguez, Ángeles 230 9.871.160
29 Currás Rodríguez, Josefa 227 4.215.882
30 Hermida Escaso, José Carlos 1.255 12.228.720
31 Campos, Antonio 160 1.559.040
32 Descoñecido 400 3.897.600
33 Descoñecido 614 5.982.816
34 Pillado Serodio, Soledad 396 3.858.624
35 Román Costas, José Ángel 352 3.429.888
36 Descoñecido 247 2.433.018
37 Descoñecido 457 4.492.383
38 Descoñecido 812 7.933.128
39 Costas Goberna, Antonio 560 5.456.640
40 Mallo Pérez, Manuel 390 3.800.160
42 Armada Costas, Matilde 146 1.949.603
43 Puentes Vilar, Ángeles 122 1.188.768
44 Alonso García, Rosa 483 4.706.352
45 Portabales Lago, María 70 692.580
46 Portabales Lago, María 114 1.121.316
47 Hdos. de Antonio Fernández Goberna 483 4.727.352
48 Rodríguez Mallo, Jesús 1.376 13.407.744
49 Costas Comesaña, Marcelina 793 7.753.242
50 Costas Comesaña, Marcelina 619 6.063.036
51 Lago Costas, Rosalía 653 6.362.832
52 Costas Comesaña, Carmen 471 4.589.424
53 Descoñecido 434 4.228.896
54 Iglesias Costas, Manuel 207 2.017.008
55 Iglesias Costas, Fernando e outros 7.285 70.985.040
56 Iglesias García, José 154 1.500.576
57 Riobó García, J. Fernando e irmáns 2.305 31.399.567
58 Vilar Álvarez, Teresa 552 5.782.938
59 Descoñecido 331 3.225.264
60 Carreira, Evaristo 96 935.424
61 Costas Comesaña, Marcelina 374 3.660.006
62 Costas Costas, Bartolomé 305 2.971.920
63 Rodríguez Costas, Alcira 31 302.064
64 Costas Hermida, Severo 618 6.021.792
65 Caride Benavides, Celso 445 4.336.080
66 Goberna Hermida, José David 658 6.411.552
67 Abreu Sobreira, Ernesto 590 5.748.960
68 Alonso Costas, Palmira 305 2.971.920
69 Descoñecido 141 1.373.904
70 Alonso Costas, Palmira 340 3.315.585
72 Bispado Tui-Vigo 502 4.891.488
73 Costas Alonso, Belarmino 129 1.256.976
74 Alonso Costas, José 226 2.202.144
75 Goberna Costas, Severino 146 1.422.624
76 Descoñecido 133 1.295.952
77 Descoñecido 84 818.496
78 Descoñecido 277 2.699.088
79 Frade 388 3.780.672
Predio nº Propietario Superf. m Valoración ptas.
80 Costas Goberna, José Bernardino 442 4.306.848
81 Alonso Costas, José 108 1.052.352
83 Tranvías Eléctricos de Vigo, S.A. 829 8.077.776
84 Copa Díaz, Mª Dolores 82 799.008
85 Bispado Tui-Vigo 109 1.062.096
86 Bispado Tui-Vigo 109 1.062.096
87 Hdos. de Eduardo Costas González 99 964.656
88 Fernández Iglesias, Josefina 130 1.266.720
89 Fernández Costas, Pilar 311 3.030.384
90 Rodríguez Álvarez, José 249 2.452.506
91 Hdos. de Eduardo Costas González 1.436 14.381.934
92 Seoage Filgueira, Segunda 1.325 15.997.578
92AR1 Talleres Tornomatic 0
93 Iglesias Rozas, J. Agustín e Francisca 281 2.916.249
94 Descoñecido 324 3.157.056
95 González Hermida, Jaime 3.172 50.781.543
95AR1 Sotelino Rodríguez, Eduardo 0
95AR2 Ferreira Fernández, Francisco 404.019
96 González Graña, Modesto 531 18.325.638
96AR1 Pousada Mallo, Juana 393.519
96AR2 Iturripe Martínez, Armando 393.519
97 Hdos. de Eduardo Costas González 359 3.843.546
100 Fernández Costas, José 144 1.403.136
101 Pena Costas, Pilar 236 2.299.584
102 Costas Fernández, Rafael 136 1.325.184
103 E. González Comesaña e R. Mougán 358 3.488.352
104 Iglesias Alonso, Ángel 536 5.222.784
105 González Comesaña, Elisardo 5.788 80.741.387
106 E. González Comesaña e R. Mougán 172 1.675.968
107 E. González Comesaña e R. Mougán 44 428.736
108 E. González Comesaña e R. Mougán 217 2.182.278
109 E. González Comesaña e R. Mougán 165 1.607.760
110 Costas Alonso, José 235 2.289.840
111 González Comesaña, Elisardo 833 8.116.752
113 Goberna Pena, Leontina 364 3.562.566
114 Descoñecido 230 2.251.620
115 Vilar Álvarez, José 435 4.264.890
117 Descoñecido 1.022 10.068.618
118 Alonso Costas, Enrique 176 1.725.444
119 Hdos. de Narciso González Comesaña 210 2.046.240
121 Goberna Pena, Leontina 312 3.066.378
122 Barge Dacal, María 210 2.046.240
123 Costas Costas, María 435 4.343.640
125 González Costas, Nieves 110 1.071.840
126 Costas Costas, Elvira 322 3.137.568
127 Costas Gil, María Elvira 75 730.800
128 Fernández Costas, Carmen 58 565.152
129 Descoñecido 387 3.797.178
130 Descoñecido 392 3.819.648
131 Comesaña Costas, M. Olimpia 211 2.055.984
132 Descoñecido 254 2.474.976
133 Costas Fernández, Rafael 233 2.270.352
135 Descoñecido 289 2.816.016
136 Fernández Rial, Josefina 396 3.869.124
137 Costas Costas, María 151 1.479.219
138 Descoñecido 546 5.320.224
139 Díaz Larran, Juan 896 8.730.624
140 Bastos Fernández, Modesto 811 7.902.384
141 Bastos Pazo, María Dolores 480 4.677.120
142 Goberna Rial, Josefina 371 3.615.024
143 Alonso Comesaña, María Teresa 137 1.334.928
144 Prado Comesaña, Guillermo 256 2.494.464
Predio nº Propietario Superf. m Valoración ptas.
145 Hdos. de José Costas Comesaña 160 1.559.040
146 Descoñecido 195 1.900.080
147 Comesaña Costas, M. Olimpia 246 2.397.024
148 Alonso González, Francisco 201 1.958.544
149 Rodríguez Mallo, Jesús 216 2.104.704
150 Descoñecido 267 2.601.648
151 Vila Fernández, Elvira 357 3.478.608
152 Descoñecido 395 3.848.880
154 E. González Comesaña e R. Mougán 401 3.907.344
156 Alonso Rubio, M. Carmen 954 9.295.776
157 Descoñecido 256 2.494.464
158 Barreiro González, Agapito 531 5.174.064
159 Bispado Tui-Vigo 476 4.638.144
160 Abreu Costas, Ofelia 10 97.440
161 Descoñecido 35 341.040
162 Esperanza Freire Balandrón e outros 468 4.560.192

