Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das subministracións de clave E/SC/00.24 e tres máis.

a) Subministración.

1. Adquisición dunha (1) planta humificadora formada por dous tanques laterais de 550 litros c/u cunha capacidade total de 1.100 litros, bomba de extracción de líquido, tubos e elementos de conducción e ancoraxes e preparación de camión para montaxe de estendedor de sal procedente doutro vehículo para a Delegación Provincial de Estradas de Ourense dependente da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Clave: E/SC/00.24.

Orzamento: un millón catrocentas mil pesetas (1.400.000).

Prazo de entrega: 2 meses.

Garantía provisional: 28.000 pesetas.

A solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas nos termos precisados na cláusula 2.2.5 do prego.

2. Adquisición dun (1) camión para a neve, dobre cabina, para a Delegación Provincial de Estradas de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dependente da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Clave: E/SC/00.25.

Orzamento: quince millóns cento cincuenta mil pesetas (15.150.000).

Prazo de entrega: 5 meses.

Garantía provisional: 303.000 pesetas.

A solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas nos termos precisados na cláusula 2.2.5 do prego.

3. Adquisición dunha (1) cuña quitaneves para adaptar en camión para a Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dependente da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Clave: E/SC/00.26.

Orzamento: tres millóns novecentas sesenta mil pesetas (3.960.000).

Prazo de entrega: 2 meses.

Garantía provisional: 79.200 pesetas.

A solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas nos termos precisados na cláusula 2.2.5 do prego.

4. Adquisición dun (1) estendedor de sal de 1,4 metros cúbicos de capacidade para a Xefatura Provincial de Estradas de Ourense dependente da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Clave: E/SC/00.27.

Orzamento: dous millóns novecentas setenta mil pesetas (2.970.000).

Prazo de entrega: 2 meses.

Garantía provisional: 59.400 pesetas.

A solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas nos termos precisados na cláusula 2.2.5 do prego.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento de contrata, segundo se especifica no punto 9 do cadro de características.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do importe de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6, «Constitución e funcionamento da mesa», do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2000.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda