De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 12 de decembro de 1997 (DOG do 2 de xaneiro de 1998) da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 1998 por non ser posible a súa notificación polo servicio de correos.
Considerando que a resolución dictada polo conselleiro de Medio Ambiente no expediente OU-31/1998-Incendios, seguido por estes mesmos feitos que declaraba a caducidade do procedemento sen prexuízo da procedencia de incoar un novo expediente polos mesmos feitos, ó non ter transcorrido o prazo establecido para a prescrición da infracción tal e como determina o artigo 132 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López , funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.
O expediente tramitarase coa referencia número OU-229/2000-Incendios, incorporando a el os documentos que constan no expediente número 31/1998-Incendios, na súa integridade.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a
partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poida examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.
De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó expedientado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.
De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sancións indicados no anexo.
O expedientado ten dereito a coñecer, en calquera momento do procedemento o estado de tramitación en que se encontra o expediente e a acceder a el e obter copias dos documentos ou das informacións incluídas nel, tralo pagamento das taxas correspondentes, polo que se pon de manifesto o expediente durante o mesmo prazo que se citou con anterioridade.
Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o conselleiro de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.
Ourense, 12 maio de 2000.
Agustín Prado Verdeal
Delegado provincial de Ourense
ANEXO:
-Expediente: 229/2000-I.-Denunciado: Disprocon (Distribuidora de productos conxelados).-DNI-Identificación fiscal: B-32 212 128.
-Derradeiro enderezo coñecido: Outeiro-Bóveda-Amoeiro.-Feitos probados: queima de residuos sen autorización. Cartóns de embalaxe, etc.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 138 c) do Regulamento do 23 de decembro de 1972 en relación coa Resolución do 12 de decembro de 1997 (DOG do 2 xaneiro de 1998) da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.-Sanción: 51.000 ptas.

