De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2000, por non ser posible a súa notificación polo servicio de correos.
Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López , funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poida examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.
De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó expedientado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.
De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sancións indicados no anexo.
O expedientado ten dereito a coñecer, en calquera momento do procedemento o estado de tramitación en que se encontra o expediente e a accederen a el e obteren copias dos documentos ou das informacións incluídas nel, tralo pagamento das taxas correspondentes, polo que se pon de manifesto o expediente durante o mesmo prazo que se citou con anterioridade.
Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectivo na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.
Ourense, 12 maio de 2000.
Agustín Prado Verdeal
Delegado provincial de Ourense
ANEXO:
-Expediente: 243/2000-Incendios.-Denunciado: Pedro dos Anjos dos Santos.-DNI: 46.643.020D.-Derradeiro enderezo coñecido: Viriato, 26-Verín.-Feitos probados: acumulación de lixo, lavadoras, frigoríficos, etc. en zona forestal sen autorización.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23 de decembro de 1972, en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.-Sanción: 30.000 ptas.

