1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: ente público Portos de Galicia, praza de Europa, nº 5-A, 6º B, edificio Área Central, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais do ente público Portos de Galicia.
c) Número de expediente: SC-SERV-01/2000.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: asistencia técnica
b) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a realización dunha auditoría do exercicio económico orzamentario de 1999 no ente público Portos de Galicia.
c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 44, do 3 de marzo de 2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
a) Importe total: 2.850.000 ptas. (IVE incluído).
5. Adxudicación:
a) Data: 27 de abril de 2000.
b) Adxudicatario: Pricewaterhouse Coopers Auditores, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación: 2.850.000 ptas. (IVE incluído).
6. En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e que é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución. Non obstante, poderá optarse por interpoñer contra esta resolución recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de maio do 2000.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do ente público Portos de Galicia

