Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2000, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto con tramitación urxente, para a contratación das obras de reforma e ampliación da lavandería do Hospital do Meixoeiro. (Expediente 25/2000).

O director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron dele

gadas por Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso:

-Expediente 25/2000:

Obxecto: obra de reforma e ampliación da lavandería do Hospital do Meixoeiro.

Orzamento: 38.016.397 ptas.

Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, con tramitación urxente.

Prazo de entrega: 3 meses e medio.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares que rexen no presente concurso.

Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital do Meixoeiro, O Meixoeiro s/n, 36200 de Vigo, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 986 81 11 59, fax: 986 81 11 39.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou envialas por correo dentro do prazo sinalado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 30 de maio de 2000.

Rubén Sanz Cartagena

Director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo